Novas e actividades

  1. Destacadas
  2. Actividades

Formación

  1. Cursos da DXXPV
  2. Cursos de Tempo Libre
  3. Outros cursos

Bolsas e axudas

  1. Convocatoria xeral
  2. Idiomas
  3. Formación práctica
  4. Mobilidade
  5. Outras

Premios e concursos

  1. Premios e concursos
  2. Exposicións, certames e concertos

imaxe
O Servizo Voluntario Europeo (SVE) é un servizo de 'aprendizaxe' no que, a través das experiencias de aprendizaxe non formal, as persoas novas voluntarias melloran ou adquiren competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional, así como para a súa integración social.

O Servizo Voluntario Europeo apoia o traballo voluntario transnacional da mocidade. O seu obxectivo é desenvolver a solidariedade e promover a tolerancia entre a mocidade, fundamentalmente para reforzar a cohesión social na Unión Europea. Promove a cidadanía activa e a comprensión mutua entre a mocidade.

O SVE realízase a través de actividades organizadas en asociación entre organizacións legalmente establecidas, que envían ou acollen voluntarios/as. Os voluntarios/as desenvolven a actividade de voluntariado nun país distinto do seu país de residencia. Esta actividade, non remunerada e sen ánimo de lucro, realízase a tempo completo durante un período determinado en beneficio da comunidade.

Descarga aquí o programa en galego.