VI Edición Holi Gaiás na Cidade da Cultura
O sábado 8 de xuño volve a Holi Gaiás á Cidade da Cultura e vén con novidades, porque teñen preparada unha Peque Holi para a cativada entre 4 e 9 anos!!
A sexta edición desta carreira lúdica, familiar e festiva xa está en marcha para que poidades gozar en familia ou coas amizades dunha proba deportiva na que un dos máximos atractivos é enzoufarse na súa tradicional poeira de cores durante o percorrido e no fin de festa.
A actividade está pensada como opción para a práctica saudable e para pasar un tempo agradable cheo de diversión nun espazo tan vistoso e singular como é o monte Gaiás.
A proba conta, ademais, con animación previa e posterior, cun quecemento animado con música e baile e un fin de festa tamén musical.
Máis información:
www.cidadedacultura.gal/gl/evento/holi-gaias-2024