Bolsas 2024/25 da Fundación Bilbao Arte

08 Mai 2024

A Fundación Bilbao Arte coa colaboración da Fundación Bilbao Bizkaia Kutxa BBK e UPV/EHU convoca 12 bolsas para a realización de proxectos artísticos.

Os/as artistas seleccionados/as dispoñerán dun estudo de cesión temporal na Fundación Bilbao Arte e contarán cunha dotación económica en concepto de gastos de produción, así como acceso ao resto das infraestruturas das que dispón o centro nos seus diferentes talleres de produción.

A presentación da solicitude realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo beka@bilbaoarte.bilbao.eus

Requisitos
Poden presentar a solicitude todas as persoas que acrediten unha traxectoria artística e académica solvente con independencia da súa idade e orixe. Só quedan excluídos quen gozou desta bolsa na convocatoria anterior.

Dotación
En función da duración da bolsa.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de maio de 2024.

Máis información
https://bilbaoarte.eus