Convocatoria xeral (36)

O Ministerio de Xustiza convoca bolsas para contribuír a sufragar os gastos ocasionados pola preparación de probas selectivas de ingreso nas Carreiras Xudicial e Fiscal, o Corpo de Letrados da Administración de Xustiza e o Corpo de Avogados do Estado no exercicio 2023.

As axudas económicas consistirán en bolsas abonables en forma de pago único anual.
Convócanse un total de 792 bolsas, por un importe individual de 6.611 euros anuais cada unha, conforme á seguinte desagregación:
- 648 bolsas para a preparación de oposicións ás Carreiras Xudicial e Fiscal.
- 120 bolsas para a preparación de oposicións ao Corpo de Letrados da Administración de Xustiza.
- 24 bolsas para a preparación de oposicións ao Corpo de Avogados do Estado.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de xuño de 2023

BOE do 31 de maio de 2023

A Xunta de Galicia convoca 30 prazas de persoas colaboradoras bolseiras para o curso 2023/2024, nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo:
CRD da Coruña: 18 prazas.
CRD de Ourense: 6 prazas.
CRD de Vigo: 6 prazas.

Requisitos:
a) 18 anos cumpridos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2023.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
c) A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, mestrado oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2023/24.

Incompatibilidades:
1. As persoas beneficiarias de praza de colaborador bolseiro non poderán realizar, mentres gocen desta, ningún tipo de traballo remunerado.
2. Así mesmo, será incompatible con estar en posesión ou reunir os requisitos necesarios para obter un título académico de nivel igual ou superior ao dos estudos que pretende realizar.
3. A condición de beneficiario será compatible coa obtención de axudas na convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia.

As persoas colaboradoras bolseiras teñen as seguintes obrigas:
1. Residir no centro residencial docente.
2. Colaborar no desenvolvemento das tarefas e actividades relacionadas con accións formativas complementarias durante o período de funcionamento en que estea aberto aos residentes.
3. Na súa condición de colaboradora ante o resto das persoas residentes, teñen a obriga de cumprir e facer cumprir as normas de réxime interno, as normas de convivencia e os horarios que permitan o normal desenvolvemento da vida residencial.

Residencias:
http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 
http://centros.edu.xunta.es/credovigo/ 
http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/ 

As bolsas solicitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento ED308A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de agosto de 2023.
Máis información no DOG do 6 de xuño de 2023

Consulta as prazas de aloxamento nos CRD

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia de Galicia convoca 5 bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos.

As bolsas que se convoquen desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

O programa de formación incluirá as actividades de formación relacionadas coa defensa e protección ao consumidor, a arbitraxe e a seguridade e vixilancia do mercado, levadas a cabo no ámbito de actuación do Servizos de Consumo en cada provincia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Cada unha das 5 bolsas terá un destino e lugar de desenvolvemento distinto, en función das oficinas que o Instituto Galego do Consumo e da Competencia ten na nosa comunidade autónoma:
– Oficina do IGCC na localidade da Coruña.
– Oficina do IGCC na localidade de Lugo.
– Oficina do IGCC na localidade de Ourense.
– Oficina do IGCC na localidade de Pontevedra.
– Oficina do IGCC na localidade de Vigo.

Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 6.600 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.100 € brutos por mes e por bolsa ata un máximo de 6 meses.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2023 cunha duración máxima de seis meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2023.

Requisitos da persoa beneficiaria
- Ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliada/o na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
- Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en Dereito.

As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.gal co procedemento CO400E
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de xullo de 2023.
Máis información no DOG do 5 de xuño de 2023 e en http://consumo.xunta.gal

A Fundación Ábaco convoca axudas reintegrables ao estudo para alumnos que durante o curso académico 2023/2024 realicen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e Formación Profesional,
Non poderán solicitar axuda alumnos maiores de 19 anos no momento de concorrer a convocatoria.
Poderá presentarse solicitude de axuda para centros escolares situados en todo o territorio español.

As axudas que se conceden ás familias teñen o carácter de reintegrables. Este carácter non implica, de ningún xeito, calquera tipo de interese financeiro para a Fundación, senón que supón que, co único aval da súa palabra, a devolución da axuda será efectuada pola familia no momento en que a súa situación económica permítallo, para que así outras familias poidan gozar da axuda no momento que o necesiten.

Criterios de valoración para a concesión das bolsas:
- O nivel de renda da familia do beneficiario, para o que se tomará en consideración a ambos os pais.
- A situación patrimonial da familia dos beneficiarios.
- O número de fillos da familia do beneficiario.
- A elección de modelos pedagóxicos de reducida oferta polo sistema educativo xeneral.
- O rendemento académico dos beneficiarios.
- Non ser preceptor doutras axudas para fins similares concedidas por entidades distintas dos propios centros educativos.
- As circunstancias laborais especiais dos pais (paro, incapacidade laboral, xubilación, enfermidade.)
- Que a concesión da bolsa supoña o cambio dun centro escolar de interese da familia.

O abono das axudas aos beneficiarios efectuarase en dez mensualidades correspondentes aos meses de setembro a xuño ambos inclusive.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de xuño de 2023.

https://www.fundacionabaco.org/becas/ 

O Ministerio de Educación convoca 2.431 bolsas para promover a iniciación en tarefas de investigación dos estudantes universitarios que vaian finalizar os estudos de segundo ciclo ou de Grao ou que estean a cursar primeiro curso de Másteres universitarios oficiais.

A dotación total e única da bolsa para todos os beneficiarios será de 2.000 €.

Requisitos:
Poderán solicitar bolsas colaboración os estudantes universitarios que no curso 2023-2024 estean matriculados de último curso de estudos de Grao ou de primeiro curso dun Máster universitario oficial e que, entre outros requisitos académicos, obtivesen como nota media nos seus estudos a que se sinala a continuación para cada unha das ramas de titulacións oficiais:
7,25 puntos para a rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinos Técnicas
7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas
7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde
8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades

A dotación da bolsa de colaboración será de 2.000 €

A solicitude deberase cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a «Trámites e Servizos»

O prazo para presentar a solicitude estará aberto dende o 8 de xuño ata o 19 de setembro de 2023.
Máis información no BOE do 1 de xuño de 2023 e en http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/becas-ayudas.html

O banco Santander convoca as “Bolsas Santander Axuda Económica” que facilitará e promoverá que ata un máximo de 769 estudantes matriculados nas Universidades españolas reciban unha axuda económica para sufragar os gastos derivados dos seus estudos universitarios de grao e master para o curso académico 2023/2024.

O obxectivo do Programa é facilitar o acceso á educación superior aos estudantes cos mellores expedientes académicos a nivel nacional de calquera curso de grao e master.

Para asignar as axudas para a convocatoria 2023/2024, as Universidades usarán como criterios indispensables de selección os seguintes:
- Que o estudante esté matriculado nos títulos de Grao ou Máster da Universidade no curso académico 2023/2024.
- Que o estudante designado dispoña dun dos mellores expedientes académicos do curso inmediatamente anterior á convocatoria do Programa. No caso de alumnos de primeiro ano de Grao poderase ter en conta a nota de acceso á universidade.

O plazo para solicitalas estará aberto ata o 13 de novembro de 2023 ás 23:00

BASES DA CONVOCATORIA 

A Fundación Galicia Europa convoca 1 bolsa dirixida a persoas cun título universitario para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación na súa oficina en Bruxelas.

O programa formativo da bolsa terá unha duración de 12 meses.
O lugar de desenvolvemento da bolsa será a oficina da FGE en Bruxelas, podendo realizar tamén breves períodos formativos nas dependencias da Gain en Santiago de Compostela ou onde se indique.

Contía da bolsa:
- Importe bruto da bolsa: 16.200 €.
- Axuda de desprazamento para gastos de viaxe: 1.100 euros.
- Seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica: 91,70 euros.

Requisitos:
- Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea.
- Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar o nivel B2 nalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e a residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria, mediante empadroamento.
- Posuír o título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente ou o xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do devandito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos 6 anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
- Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.
- Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do obxecto desta bolsa.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770M
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de xuño de 2023.
Máis información no DOG do 15 de maio de 2023 e en https://fundaciongaliciaeuropa.eu/categoria/actividades/bolsas/

A Xunta de Galicia convoca bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas seguintes universidades:

btabla1

btabla2

O programa de formación, que terá un marcado carácter práctico, estará integrado por actividades relacionadas coa docencia, a programación e organización de tarefas, a investigación, a difusión e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de 3 anos.

Requisitos:
Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes.
Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Filoloxía Galega.
- Licenciatura en Filoloxía Románica.
- Grao en Lingua e Literatura Galegas.
- Grao en Estudos de Galego e Español.
- Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.
- Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.
- Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de humanidades, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4 e, no caso de universidades de fóra de España, 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:
- 1.225 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.
- 1.378 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.
- Para as Universidades de Bangor, Cork e Varsovia, consultar tabla.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de xuño de 2023.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PL500E e PL500F
Máis información no DOG do 12 de maio de 2023 e en http://www.xunta.es/linguagalega

O Ministerio de Cultura convoca 80 bolsas do Plan formativo en habilidades empresariais das industrias culturais e creativas

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 17 de abril de 2023 e finalizará ás 14 horas do 16 de xuño de 2023.

Máis información no BOE do 14 de abril de 2023 e en https://www.culturaydeporte.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/becas-ayudas-y-subvenciones/becas.html

VI Convocatoria de Axudas de Fundación ONCE para a realización de “Cursos de idiomas no estranxeiro” dirixidas a mozos e mozas con diversidade funcional inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no marco do programa de emprego xuvenil 2011-2022 cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Este programa de axudas ponse en marcha para reforzar as competencias lingüísticas dos mozos e mozas con diversidade funcional e mellorar así as súas oportunidades de atopar empregos cualificados. Trátase de contribuír á igualdade de oportunidades, ofrecendo os recursos necesarios para favorecer a mobilidade internacional e a adquisición de competencias linguisticas.

As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude ata o 23 de xullo de 2023 e os cursos poderán realizarse ata o 30 de setembro de 2023.

Requisitos
Diversidade funcional cun grao igual ou superior ao 33%
Idades entre os 18 e os 29 anos.
Beneficiario/a do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Matricularse nalgún curso de idiomas no estranxeiro dun mínimo de 4 semanas e un máximo de 12 semanas de duración. Os cursos deben de contar con polo menos 20 clases semanais ou 15 horas semanais.
Dispoñer de seguro médico durante o período de estancia no estranxeiro. Este seguro pode ser a tarxeta sanitaria europea en vigor ou calquera outro que se contrate de maneira específica.

Dotación
Programas de 4 semanas - 2.000 euros
Programas de 6 semanas - 3.000 euros
Programas de 8 semanas - 4.000 euros
Programas de 10 semanas - 5.000 euros
Programas de 12 semanas - 6.000 euros

 

Máis Información
idiomas@fundaciononce.es - Bases da convocatoria / Formulario de solicitude