Bienal de Poesía Moza do Ateneo de la Laguna

14 Mai 2024

O Ateneo de la Laguna convoca o XIV Premio Bienal de Poesía Moza do Ateneo de la Laguna para autores noveis.

A colección de poemas presentada deberá ser orixinal e inédita. Estará escrita en lingua castelá e o seu tema e forma serán libres. A extensión será de entre 300 e 400 versos. Cada autor ou autora poderá presentar unha única obra.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo info@ateneodelalaguna.com

Requisitos
Poderán participar as persoas residentes en España que sexan menores de 30 anos e que non teñan publicado ningún poemario con anterioridade.

Dotación
Premio único: 800 € e publicación

O prazo de recepción de obras estará aberto ata o 30 de xuño de 2024.

Máis información
https://ateneodelalaguna.com
info@ateneodelalaguna.com