En portada (1079)

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega) o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ)e a Comunidade Intermunicipal do Ave participan na “Mostra e Encontro da xuventude emprendedora Galicia- Norte de Portugal (MEXE)  organizado pola Federação Nacional das Associações Juvenis de Portugal (FNAJ) os días 23, 24 e 25 de novembro de 2018 en Arcos de Valdevez (Portugal).

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio.

Obxectivo: o encontro ten por obxectivo crear un espazo aberto ao asociacionismo xuvenil e de reflexión  sobre a empregabilidade xuvenil e a importancia da participación das persoas mozas na sociedade, na cooperación transfronteiriza e no desenvolvemento das rexións.

Será un espazo para tratar temas de interese común, principalmente aqueles que están relacionados co emprego e emprendemento xuvenil; unha mostra de ideas combinada con debates, conferencias, masterclasses, teatro e visitas pedagóxicas, entre outras actividades complementarias.

Preténdese que esta mostra encontro sexa un espazo de aprendizaxe, información sobre emprego e emprendemento, animación, cultura e lecer que poida constituír un marco cualitativo na afirmación do asociacionismo xuvenil desta dinámica e rexión do Norte de Portugal e Galicia.

Datas de realización: do 23 ao 25 de novembro de 2018.
Lugar de realización:
Casa das Artes de Arcos de Valdevez
Rúa Carlos da Cunha (Xardín dos centenarios)
Arcos de Valdevez (Distrito de Viana)
Portugal

Destinatarios:  Mozos e mozas que sexan membros de asociacións xuvenís ou de grupos informais, de entre 18 e 30 anos.
Prazas ofertadas:   ofertase un total de 100 prazas, con un máximo de 4 prazas por asociación ou grupo informal.
Inscrición:  será a través de formulario  electrónico.
Prazo de inscrición:  do 8 ao 19 de novembro de 2018.
Admisión:  as prazas serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición.

No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas establecerase unha lista de reserva por orde de entrada e no suposto de baixas poderán ser adxudicadas as vacantes por dito orde.

As persoas participantes das asociacións e grupos informais recibirán un correo de confirmación unha vez rematado o prazo de inscrición. No suposto de non ter recibido ningún correo nos dous días posteriores á finalización do prazo de inscrición, se entende desestimada a súa petición.

Cobertura:  aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
Transporte:  haberá servizo de transporte dende Galicia a Arcos de Valdevez con saída o día 23 de novembro (en horario de tarde)  desde A Coruña, con paradas en Santiago, Pontevedra e Vigo e regreso o día 25 de novembro (en horario de tarde) ao remate do programa de actividades facendo o mesmo percorrido.
O servizo de transporte poderá ser ampliado ás cidades de Lugo e Ourense no caso de existir un mínimo de 10 persoas para realizar a viaxe.

Para mais información: subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN


Proxecto Lidera

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi  aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP)  e  ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Esta mostra e encontro forma parte da actividade “Emprende” dirixida a aquelas iniciativas, ideas, entidades que desexen iniciar unha nova liña de negocio, que conten cun grao de madurez suficiente co obxectivo de apoialas, afianzalas e acompañalas durante a súa posta en marcha.  Neste encontro os mozos e mozas poderán coñecer e intercambiar experiencias con outras persoas mozos , tanto do propio territorio do proxecto como doutros territorios transfronteirizos.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

A Universidade da Coruña en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado favorece a difusión da información xuvenil entre o alumnado dos seus campus. O prazo para a inscrición no programa remata o vindeiro 16 de novembro ás 14:00 horas.

A Universidade da Coruña ven de facer pública a convocatoria de prazas de Correspondentes Universitarios. O obxecto do programa é difundir a información xerada desde a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (en adiante, DXXPV) entre o alumnado da referida Universidade, favorecendo a participación dos mozos e mozas tanto na elaboración como na difusión da información.

Funcións dos correspondentes universitarios:

  • Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas de interese para a xuventude e difundir a información no centro no que estuda.
  • Difundir a información sobre os distintos programas e iniciativas para a xuventude publicada no portal web da DXXPV e/ou aquela outra que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, compañeiros da residencia, facultades, etc., e que sexa de interese para eles.
  • Asistir ás reunións de coordinación que se convoquen, así como aos cursos de formación organizados pola DXXPV e destinados aos correspondentes xuvenís.
  • Aquelas outras que supoñan a mellora na achega de información á mocidade

Beneficios dos correspondentes universitarios:

  • Recibirán gratuitamente formación en materia de información xuvenil.
  • Recibirán gratuitamente o carné xove, o carné internacional de estudante (ISIC) e o carné de alberguista durante o ano escolar no que estean como correspondentes.
  • Recoñeceráselles a través dun certificado o tempo dedicado como correspondentes universitarios, así como a experiencia e competencias adquiridas a través do certificado de educación non formal en materia de xuventude.
  • A vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria expediralles unha certificación que acredite a participación no programa Correspondentes Universitarios para a solicitude de créditos, ata un máximo de 3 ECTS, coa correspondencia de 1 crédito por cada 10 horas, por participación en actividades universitarias.
  • Asignaráselles un titor da Universidade que coordinará e orientará as súas actividades en colaboración cos coordinadores do programa designados pola Consellería.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA E INSCRICIÓN NO SEGUINTE ENLACE:
https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2018/004880/document?logicalId=fe2857ab-ca79-4b80-8e52-5f2e3f1db4ad&documentCsv=11LEKV3AB0SABVO9PA68100S

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca a iniciativa “Intercambios profesionais Galicia Norte de Portugal”, un programa multidisciplinar de estancias creativas na area metropolitana de O Porto (Portugal) que ten por finalidade apoiar a formación da xuventude mediante a mellora da súa empregabilidade e promocionar e estimular a empregabilidade, o emprendemento e o autoemprego nos mozos e mozas galegos e portugueses dentro dos parámetros da innovación.

Esta iniciativa permitirá que os mozos e mozas complementan a competencia profesional e persoal, incrementando así as súas posibilidades de inserción laboral, de xeito que poidan constatar unha práctica formativa noutro país como parte do currículo.

OBXECTIVOS
- Apoiar á mocidade na adquisición de coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e profesional.
- Crear sinerxias entre mozos e mozas de Galicia e empresas de Portugal co fin de que xurdan novas oportunidades.
- Axudar ao desenvolvemento dos proxectos empresariais dos mozos e mozas galegos, ou preparar aos mozos e mozas galegos á hora comezar un novo proxecto  a través das novas tecnoloxías aplicadas a varios sectores
- Fomentar ideas innovadoras da xuventude a través da creatividade.
-Promocionar e estimular o espírito emprendendor da xuventude  a través de novos métodos de aprendizaxe baseados en “aprender facendo”.

ACTIVIDADES: prácticas formativas non retribuídas en empresas de Portugal (area metropolitana do Porto)  e actividades complementarias.

DESTINATARIOS: mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
Estes destinatarios poden aportar a súa propia empresa de realización da práctica creativa. De non ser así, asignarase unha  empresa adaptada ao perfil da persoa solicitante e segundo os criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto.

NÚMERO DE PRAZAS: 12
DURACIÓN DAS PRÁCTICAS: 6 días

TEMPORIZACIÓN DOS INTERCAMBIOS: do 2 ao 7 de decembro de 2018.
Incorporación á actividade: 2 de decembro. Horario:
- 17:00 horas dende Santiago, no caso de que a persoa participante faga uso do transporte que ofrece a organización dende esta localidade.
- 20:00 horas (hora local) no lugar da area metropolitana de O Porto que se indicará, no caso de que esta persoa participante se desprace polos seus propios medios de transporte ata o punto indicado.
Finalización da actividade: 7 de decembro. Saída da area metropolitana de O Porto ás 16:00 horas (hora local).

TRANSPORTE: A organización ofrecerá ás persoas participantes transporte (ida e volta) dende Santiago de Compostela ata a area metropolitana de O Porto os días 2 e 7 de decembro ás horas indicadas no parágrafo anterior.
A organización faise cargo do transporte local durante os días de desenvolvemento da actividade.
No caso de que o/a mozo/a faga uso do seu vehículo propio para chegar ao punto de encontro na area metropolitana de O Porto, durante o período de desenvolvemento da actividade (20:00 horas do 2 de decembro ata as 16:00 horas do 7 de decembro) non se poderá facer uso deste vehículo, salvo causa de forza maior debidamente xustificada.

AMBITO XEOGRÁFICO: area metropolitana do Porto (Portugal).

SECTORES: Os sectores nos que poderán desenvolver as súas prácticas serán:
- Moda
- Novas tecnoloxías: app’s, informática, internet das cousas
- Audiovisual
- Servizos á xuventude
- Atención á diversidade

No caso de que un participante teña xa unha empresa de referencia ten que facelo constar na inscrición. De darse o caso de que esa empresa non corresponde a ningún dos sectores indicados polo/a mozo/a, este poderá participar no programa previa entrevista persoal. A non presentación a referida entrevista implica a perda do dereito a participar no programa.
A organización intentará axustar a asignación de empresa a cada participante segundo os criterios solicitados polas empresas colaboradoras no programa.
A organización non se responsabiliza das expectativas persoais dos participantes en relación á asignación das empresas. Estas empresas colaboradoras no programa son representativas dos sectores de referencia pero cada unha delas conta coas súas propias peculiaridades.

COBERTURA
- Empresa adaptada ao perfil da persoa solicitante e segundo os criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto, no caso de que o/a mozo/a non conte con empresa na area metropolitana de O Porto.
- Actividades complementarias.
- Aloxamento e manutención.
- Transporte de ida e volta dende Santiago de Compostela ata a area metropolitana de O Porto.
- Transporte local.
- Titorización e seguimento individualizado.
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil
- Diploma acreditativo da práctica realizada.

* Será por conta da persoa seleccionada o desprazamento dende o seu domicilio ata Santiago de Compostela.

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 7 ao  20 de novembro de 2018.
INSCRICIÓN: mediante envío de formulario electrónico.

SELECCIÓN:
Criterios:
1) Rigorosa orde de inscrición.
2) Entrevista persoal.
Preselección:
As 12 primeiras persoas solicitantes que cumpran os requisitos esixidos nesta convocatoria, serán convocados mediante correo electrónico a unha entrevista persoal aos efectos de asignación de empresa de prácticas o mais adaptada posible ao seu perfil e segundo os criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto.
A entrevista persoal poderá ser: presencial ou por “skype”.
Selección:
Serán seleccionadas as persoas solicitantes cuxo perfil se adapte aos criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación nos catro días seguintes á finalización do prazo de inscrición, entenderase que non obtivo praza.

OBRIGAS DERIVADAS DA PARTICIPACIÓN:
A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas e cada unha das súas bases e das resolucións que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado oportunamente tome para o seu desenvolvemento, así como a normativa que a mesma desenvolva para o programa.

PERDA DO DEREITO Á PARTICIPACIÓN: Non asistencia á entrevista persoal previa á asignación de empresa.

CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos persoais recadados neste programa serán tratados na súa condición de responsable pola Consellería de Política Social coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste programa.
O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme as referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e adoptará todas as medidas técnicas e de seguridade para asegurar a confidencialidade dos devanditos datos, así como evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, habida conta, en todo momento, do estado da tecnoloxía.

 

PROXECTO LIDERA

Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), un proxecto que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha cofinanciación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Dentro do proxecto Lidera, esta acción formativa forma parte da actividade “Crece” que ten como obxectivo provocar un coñecemento, proceso e contexto de traballo en rede, no que se involucren os distintos actores e reactivos do territorio a través da xeración de espazos de desenvolvemento local no ámbito de influencia do proxecto.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

MÁIS INFORMACIÓN:  subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O Institut Valenciá de la Joventut organiza dous campos de voluntariado de inverno, para mozos e mozas de 18 a 30 anos:

  • Diviértete I (Moraira), do 26 de decembro de 2018 ao 4 de xaneiro de 2019.

  • Diviértete II (Benicàssim), do 26 de decembro de 2018 a 4 de xaneiro de 2019.

Se estás interesado/a en participar, chama ao teléfono 881 999 314 para preinscribirte, facilitando os teus datos persoais.

O prazo para preinscribirte comeza o día 8 de novembro, de 9 a 14 horas, e estará aberto ata o 23 de novembro.

A preinscrición farase por orde de chamada. A inscrición final no campo realizarase unha vez que o Institut Valenciá de la Joventut confirme a existencia de praza

Cota: 60 € (gastos de desprazamento NON INCLUÍDOS)


Son campos de traballo con menores, polo que as persoas participantes deberán achegar o certificado negativo de delitos de natureza sexual, ou ben autorizar a consulta na solicitude.


DIVIERTETE I LaMarina
DIVIERTETE II Benicassim


Máis información: http://www.ivaj.gva.es/es/viu-la-solidaritat

Tes en mente unha idea emprendedora, creativa, innovadora…?

Proxecto emprendedor, atréveste?

Se a túa resposta é que si, temos para ti unha ferramenta de consulta en liña que pon a túa disposición a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cos obxectivos de mellorar as oportunidades de emprego e emprendemento da xuventude galega e portuguesa e apoiala para seguir avanzando no seu itinerario persoal e profesional.

A través deste servizo terás a túa disposición a profesionais de diversos sectores que che axudarán a impulsar e/ou avanzar na túa idea emprendedora, creativa, innovadora…, analizándoa dende diversos puntos de vista e asesorándote para que poidas acadar novas oportunidades.

Para acadar o obxectivo de desenvolver todo o potencial da túa idea, contarás con un acompañamento en liña orientado a responder a preguntas como:

  • Como podo facer para que me dean as contas?
  • Como podo facer para comunicar mellor o meu produto/servizo?
  • Como podo crear a miña marca persoal?
  • Que tipo de tecnoloxía necesito?
  • Canto me custa ter unha tenda en liña?
  • Como podo facer para ser máis rendible?

Se queres que traballemos todo isto e moito máis de forma personalizada so tes que pulsar aquí

FORMULARIO

Esta iniciativa de asesoramento personalizado enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), formando parte da  actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.

Proxecto Lidera

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.

Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de  Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega) o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Vilalba, o encontro sectorial “Emprendemento no sector agrogandeiro e transformación agraria: casos de éxito”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido do sector agrogandeiro e a transformación agraria.

CONTIDOS:
•Axudas ao emprendemento
•Experiencias de incorporación de xóvenes á actividade agraria e boa execución de axudas públicas,
•Ofrecer ferramentas para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional.
Ponente: José Manuel Ferreiro Fente, xefe de area dos servizos agrarios de Mondoñedo

Data:    14 de novembro de 2018
Horario:  11:00- 13:30 horas
Lugar:    Espazo Xove de Vilalba – Espazo Emprende.
              Rúa Novo Cazón, s/n
              27800 Vilalba
              Lugo
    
Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.


Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692,93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a  Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Galicia acollerá os días 28 e 29 do mes de novembro a celebración do XX congreso estatal de voluntariado
Prevese que arredor dun milleiro de persoas e entidades asistan a este simposio no que terán cabida todos os actores relacionados coa solidariedade: organizacións non gobernamentais, administracións públicas, empresas e entidades

Entre os obxectivos do congreso está o de debater sobre o futuro do voluntariado. Baixo a lenda Enlázate ao voluntariado poñerase o énfase na importancia que as accións altruístas teñen para avanzar cara unha sociedade mellor así como para unha futura empregabilidade das persoas máis novas

Está aberto o prazo de inscrición daquelas persoas e entidades interesadas en asistir ao congreso, tanto para os mostradores como para a asistencia en grupo. Deben anotarse na páxina web do evento e teñen como data límite para facelo o 15 de novembro ou ata completar a capacidade.

https://enlazatealvoluntariado.gal/

 

2018programcongreso

ENCONTRO SECTORIAL NO ESPAZO XOVE DE BETANZOS: “NOVOS CULTIVOS DE VIABILIDADE NO MEDIO RURAL”


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Betanzos, o encontro sectorial “Novos cultivos de viabilidade no medio rural”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades laborais no eido da produción de novos cultivos no medio rural.


CONTIDOS:

- Emprendemento a través de novos cultivos no medio rural

- Análise de produción e cultivo de: quinoa, pistacheiro, kale, “frutas del bosque”, bimi, “kai-lan”, cáñamo industrial, lúpulo...
- Ofrecer ferramentas para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional.

- Promover o coñecemento e valorización de novas figuras profesionais como posible saídas profesionais da mocidade.

- Establecer unha dinámica de coñecemento e diálogo entre a mocidade e os axentes económicos do territorio, coa finalidade de impulsar novas oportunidades de colaboración e mentoring.

Data: 14 de novembo de 2018

Horario: 10:00- 13:30 horas

Lugar: Espazo Xove de Betanzos– Espazo Emprende.
R/ Valdoncel, 7. 15.300 Betanzos

Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.


Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega)o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.