Premios Nacionais de Mocidade 2024

26 Abr 2024

O "Instituto de la Juventud", INJUVE, convoca os Premios Nacionais de Mocidade para o ano 2024.

Os Premios Nacionais de Mocidade supoñen un recoñecemento ao labor desenvolvido polo mozos/as, cuxa finalidade é a de estimular e recoñecer, a traxectoria e esforzo, de carácter extraordinario, daqueles novos que pola súa dedicación no seu traballo e a súa implicación persoal, poñen de manifesto o seu compromiso en distintos ámbitos da sociedade.

Concederase un único premio en cada unha das seguintes categorías:
- Compromiso social. Recoñecemento ao labor desenvolto no ámbito social e o voluntariado.
- Cultura. Recoñecemento á utilización de disciplinas artísticas para transmitir valores.
- Medio Ambiente. Recoñecemento á realización de actuacións que fomenten o respecto ao medioambiente.
- Deporte. Recoñecemento a actuacións realizadas para que o deporte sexa un medio para adquirir e transmitir valores entre os máis novos.
- Ciencia e tecnoloxía. Recoñecemento a iniciativas ou actuacións desenvoltas no ámbito da ciencia e a tecnoloxía.
- Dereitos Humanos. Recoñecemento a iniciativas ou actuacións desenvoltas no ámbito dos dereitos humanos.

A dotación do premio é de 5.000 € por cada categoría.
Os Premios Nacionais de Mocidade están dirixidos a mozos e mozas de nacionalidade española, ou con residencia legal en España, que non superen a idade de 30 anos na data na que finalice o prazo para a presentación das candidaturas.

O prazo para presentar a inscrición estará aberto ata o 27 de maio de 2024.

Deberá achegarse, xunto á solicitude da candidatura, unha memoria na que se fará constar os motivos que fundamentan a candidatura que se presenta e á que se dá o seu respaldo, a actuación concreta realizada polo candidato pola que se opta a un dos premios previstos, os motivos polos que a actuación se considera modélica e innovadora, así como o impacto positivo da devandita actuación.

Máis información no BOE do 26 de maio de 2024 e en www.injuve.es 

Mozos e mozas premios de 2023