Lúa Nova de Irene Montero Díaz obra premiada na 8ª edición do concurso Lúa Nova de Irene Montero Díaz obra premiada na 8ª edición do concurso

Novela curta Cidade Centenaria de Ribeira

15 Mai 2024

O Concelo de Ribeira convoca a X edición do Concurso Internacional de novela curta “Cidade Centenaria de Ribeira”

Poderán concorrer ao certame de novela curta todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade e/ou residencia, cun único traballo en lingua galega (empregando a normativa ortográfica e morfolóxica aprobada pola RAG en 2003).

A obra, cunha extensión mínima de 80.000 caracteres e máxima de 140.000 caracteres con espazos, presentarase por quintuplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara (tipo de letra Times New Roman, tamaño 12), debidamente grampados ou encadernados co título e pseudónimo, sen firma ou calquera outro elemento que poida ser identificador do/a autor/a. Deberá ademais necesariamente incorporar un CD co arquivo dixital do texto en formato Word, OpenOffice ou similar.

Os traballos, citando "X Concurso Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira" remitiranse a: Concello de Ribeira, Rexistro Xeral. Á/a da Área de Cultura, Praza do Concello, s/n. 15960 Ribeira. A Coruña. España.

Premio: 3.000 €
O prazo para a presentación de obras estará aberto ata o 23 de marzo de 2025.
Máis información no BOP da Coruña do 15 de maio de 2023