Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude

O certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude permite confirmar a participación en programas de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e, sobre todo, validar as competencias e darlle visibilidade aos coñecementos, habilidades e formación derivados desa participación, en tanto que contribúen ao desenvolvemento persoal dos participantes, enriquecen o seu currículo vital e favorecen a participación activa na sociedade.

O certificado está regulado pola Orde do 26 de febreiro de 2015 pola que se regula o certificado de educación non formal en materia de xuventude (DOG nº 57 do 25 de marzo)

Se participaches nalgún dos programas que dan dereito á expedición do certificado, presenta xa a túa solicitude.

Programas que dan dereito á expedición do certificado

  • Iniciativa xove, Erasmus +:Xuventude en Acción, A xuventude no mundo, Campos de traballo e Galeuropa  (artigo 3.1)
  • Outros programas: Correspondentes xuvenís 3.0  (artigo 3.2)

Requisitos e ámbito temporal

  • Poden solicitar o certificado as persoas que participaron nalgún dos programas que dan dereito á súa expedición, individualmente ou como parte dun grupo informal, asociación ou entidade e que no momento de participar no programa non superasen os 30 anos.
  • Ámbito temporal:O certificado expedirase pola participación en programas convocados a partir do 1 de xaneiro de 2012.
  • As persoas interesadas teñen que presentar o formulario de solicitude debidamente cuberto (anexo I), xunto coa copia do DNI (se non se autoriza a súa comprobación).  Se participaron no programa como integrantes dun grupo informal, asociación ou entidade debe achegar tamén o anexo II cuberto pola persoa representante da entidade ou grupo.

Taxa

  • A emisión do certificado está suxeita ao aboamento de taxa (artigo 9).
  • No seguinte enlace da Axencia Tributaria de Galicia pode confeccionar o seu impreso de taxa:

Confección on-line de impresos de Taxas e Prezos

    • CÓDIGOS:
      • CONSELLERÍA DE: Política Social. Código 14
      • DELEGACIÓN: Servizos Centrais. Código 13
      • SERVIZO DE: Xuventude. Código 03
      • CÓDIGO DE TAXA: 300401
      • TAXA: certificados e diplomas
      • IMPORTE: 2,99 €

Anexos de solicitude

Consulta aquí a Orde reguladora

galego | castelán

Consulta o pdf

galego | castelán