Certames Literarios do Concello de Reinosa

12 Mar 2024

O Concello de Reinosa convoca a edición LX das Justas Literarias e a edición LII do Concurso de Contos José Calderón Escalada.

As obras deben ser orixinais, inéditas e escritas en castelán. O poema ou poemario da Justas Lietrarias terá liberdade de metro e rima e unha extensión de entre setenta e cinco e cento cincuenta versos. Os relatos do Consurso de Contos terán cunha extensión de entre noventa e cento oitenta liñas, en letra Times New Roman e tamaño 12.

A presentación das obras poderá realizarse mediante envío postal ao enderezo Biblioteca Pública “Sánchez Díaz” Ayuntamiento de Reinosa Plaza de España, 5 -39200- Reinosa (Cantabria) ou por correo electrónico ao enderezo biblioteca@aytoreinosa.es indicando no asunto "Para las XL Justas Literarias" ou "Para el Concurso de Cunetos LII José Calderón Escalada".

Requisitos
Poderán presentarse escritores de calquera nacionalidade.

Dotación
Para cada un dos certames establécese un premio único de 3.250 €

O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 15 de xuño de 2024.

Máis información
https://www.aytoreinosa.es