Formación de persoas expertas en cooperación internacional

10 Mai 2024

A Xunta de Galicia convoca 6 bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.

Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou, fóra desta, nas oficinas da cooperación española (OCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Requisitos:
Ter veciñanza administrativa en Galicia.
Estar en posesión dun título de grao, licenciatura, diplomatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente.
Ter rematado os estudos no ano 2015 ou posterior.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de xuño de 2024
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR809A
Máis información no DOG do 10 de maio de 2024 e en http://www.cooperaciongalega.org