Qué é Iniciativa Xove?
É un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.
Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.
As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través dos proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades.
Premendo aquí podedes acceder a unha playlist con videos de proxectos realizados grazas a Iniciativa Xove
Quen pode solicitar estas axudas?
- Os grupos informais de mozos e mozas que queirades desenvolver un proxecto de iniciativa xuvenil e que reunades os requisitos indicados na orde da convocatoria. O grupo terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude e ademais deberedes de estar empadroados nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.
- As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman. Será necesario que esteades inscritas no censo oficial da dirección xeral.
Como se poden solicitar?
- Tendes que tramitar a solicitude a través do procedemento da sede electrónica BS306B
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, xunto coa documentación establecida no artigo 10.1 (tanto as entidades asociativas como os grupos informais), 10.2 (só as entidades asociativas) e 10.3 (só os grupos informais).
- Publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
- A non presentación do proxecto en prazo constituirá un defecto non subsanable e comportará a inadmisión a trámite da solicitude.
Onde podo informarme?
Na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no teléfono 981 544 866 ou no enderezo electrónico instituto.xuventude@xunta.gal
Iniciativa Xove 2023
- Convocatoria Iniciativa Xove 2023 galego | castellano
- Resolución das axudas galego | castellano
- Logo que se debe incluir nos medios de difusión
Iniciativa Xove 2022
- Convocatoria Iniciativa Xove 2022 galego | castellano
- Resolución das axudas
- Logo que se debe incluir nos medios de difusión
- Modificación publicada no DOG do 14 de outubro de 2022
Iniciativa Xove 2021
- Convocatoria Iniciativa Xove 2021 galego | castellano
- Resolución das axudas galego l castellano
- Logo que se debe incluir nos medios de difusión
- Coñece algúns dos proxectos financiados
Iniciativa Xove 2020
- Convocatoria Iniciativa Xove 2020 galego | castellano
- Requirimentos de emenda de documentación galego | castellano
- Resolución das axudas galego | castellano
- Imaxe que se debe incluír nos medios de difusión
Iniciativa Xove 2019
- Convocatoria Iniciativa Xove 2019 galego | castellano
- Logos que se deben incluír nos medios de difusión
- Resolución Iniciativa Xove 2019
- Renuncias, desistencias e novas axudas a grupos da lista de reservas
- Requirimentos de documentación xustificativa
Iniciativa Xove 2018
- Convocatoria Iniciativa Xove 2018 galego | castellano
- Logos que se deben incluír nos medios de difusión
- Resolución Iniciativa Xove 2018..............Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense CE | Vigo
Convocatorias anteriores:
Ano 2017
- Convocatoria Iniciativa Xove 2017............. galego | castellano
- Resolución Iniciativa Xove 2017..............Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo
Ano 2016
- Convocatoria Iniciativa Xove 2016.........galego | castellano
- Resolución Iniciativa Xove 2016..............Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo
Ano 2015
- Convocatoria Iniciativa Xove 2015..........galego | castellano
- Resolución Iniciativa Xove 2015..............Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo
Ano 2014
- Convocatoria Iniciativa Xove 2014 ......... galego | castellano
- Publicación "Iniciativa Xove. O reto da educación non formal": texto | capa e contracapa
- Folleto informativo
- Resolución Iniciativa Xove 2014...............Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo
Ano 2013
- Convocatoria Iniciativa Xove 2013 ......... galego | castellano
- Proxectos
- Folleto informativo
- Resolución Iniciativa Xove 2013 ............ Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo
Ano 2012
- Convocatoria Iniciativa Xove 2012 .......... galego castellano
- Proxectos
- Folleto informativo
- Resolución Iniciativa Xove 2012 ............ Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo
Ano 2011
- Convocatoria Iniciativa Xove 2011 .......... galego castellano
- Resolución Iniciativa Xove 2011 .......... Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo
Ano 2010
- Convocatoria Iniciativa Xove 2010 .......... galego castellano
- Resolución Iniciativa Xove 2010 .......... galego castellano