Listas de contratación na Xunta de Galicia

15 Mai 2024

A Xunta de Galicia abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario:

Escala superior de saúde laboral.
Escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
Escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial.
Escala superior de seguridade e saúde no traballo, A1, especialidade de seguridade no traballo.
Escala técnica de saúde laboral.
Escala técnica de orientación laboral.
Escala técnica de seguridade e saúde no traballo, A2, especialidade de seguridade no traballo.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de xuño de 2024.
Máis información no DOG do 15 de maio de 2024