Premio ESPASAesPOESÍA

13 Mai 2024

A Editorial Espasa convoca o VII Premio ESPASAesPOESÍA.

As obras serán orixinais e inéditas, escritas en lingua castelá cunha extensión mínima de 500 versos. O tema e a métrica quedan baixo a liberdade do participante.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo premios@espasa.es indicando no asunto “Premio EspasaesPoesía”.

Requisitos
Poderán participar persoas de ata 35 anos de calquera nacionalidade e lugar de residencia.

Dotación
Premio único: 10.000 €

O prazo de recepción de orixinais estará aberto ata o 28 de xuño de 2024.

Máis información
https://www.injuve.es
premios@espasa.es