NOVO DECRETO DE XUVENTUDE
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado está a traballar na elaboración dunha nova normativa en materia de xuventude, que dea resposta a moitas necesidades e demandas que se presentan na actualidade neste ámbito.
O novo Decreto, en cumprimento das previsións de desenvolvemento regulamentario que establece a Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, vai abordar a regulación dos seguintes servizos á xuventude:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Conscientes da importancia de coñecer e contar coa opinión, inquedanzas e necesidades dos distintos axentes implicados nos ámbitos obxecto da regulación, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre un proceso de participación á cidadanía, que se articulará a través de distintos instrumentos:
![]() |
![]() |
![]() |
|
Poñemos todos estes medios á vosa disposición esperando contar coa vosa implicación e participación activa, co fin de que o proceso sexa o máis frutífero posible e elaborar unha normativa froito do consenso.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado invita a participar a todas as persoas interesadas en xeral, e en particular a técnicos e informadores xuvenís, escolas de tempo libre, monitores e monitoras e directores e directoras de tempo libre, asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude, titulares de instalacións xuvenís, empresas que traballan no ámbito da xuventude, etc., ás seguintes xuntanzas:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
O horario común a todas as xuntanzas de traballo será o seguinte:
Unha vez concluídas as xuntanzas de traballo celebrarase o III Foro Aberto do Tempo Libre, previsto para o 20 de maio.
Agardamos contar coa vosa presenza!
|
|
DOCUMENTACIÓN |
NORMATIVA |