Albergues e residencias

Residencias xuvenís


A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís. Como é habitual as ditas instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.

As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.

 

 

 

 


Convocatoria para o curso académico 2022/23: 221 prazas

A convocatoria para o curso 2022/23 sairá publicada no DOG do día 15 de xullo de 2022, polo que poderán presentarse solicitudes a partir do día 16 de xullo, exclusivamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia:

BS303B (persoas estudantes non bolseiras)

BS303C (persoas estudantes colaboradoras bolseiras)

BS303D (persoas traballadoras)

O número de prazas residenciais convocadas e a súa distribución por residencias e procedemento é o seguinte:

Concello Residencia Nº prazas
BS303B
(persoas
estudantes non
bolseiras)
Nº prazas
BS303C
(persoas estudantes
colaboradoras
bolseiras)
Nº prazas
BS303D
(persoas
traballadoras)
Total
 Lugo  Centro Residencial Xuvenil “LUG” 66 4 6 76
 Ourense  Florentino L. Cuevillas 50 5 5 60
 Vigo  Altamar 72 6 7 85

 

Requisitos xerais

a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España no momento de presentación da solicitude.

b) Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.

Requisitos específicos persoas estudantes

a) Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2022.

b) Estar cursando estudos de bacharelato, formación profesional, ciclos formativos, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, doutorados ou estudos de mestrados universitarios oficiais.

c) Que no concello onde radique a súa residencia habitual, debidamente acreditada a través do certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante, non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante.

Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios nos cales a persoa solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.

Requisitos específicos persoas estudantes bolseiras

a) Ter os 18 anos cumpridos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2022.

b) Non ter perdido a condición de persoa colaboradora bolseira da que foi beneficiaria en convocatorias anteriores, por causa imputable á dita persoa solicitante e beneficiaria da bolsa.

c) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade como persoa colaboradora na residencia xuvenil.

d) Ter unha renda media familiar inferior ao 150% do indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem) do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 11.2.

e) Ademais, as persoas beneficiarias destas bolsas teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Requisitos específicos persoas traballadoras

a) Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2022.

b) Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.

c) Que, no caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, teña unha duración mínima de tres meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

d) Que estea dada de alta no réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria, para o caso de ser unha persoa traballadora por conta propia.

Prezo:

a) Habitación dobre: 324 € por persoa residente e mes.

b) Habitación cuádrupla: 250 € por persoa residente e mes.

Período de estadía:

O período máximo de estadía na residencia xuvenil de todas as persoas residentes será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para cada curso académico, exceptuándose os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

Todas as persoas residentes que teñan a condición de estudantes, colaboradoras bolseiras ou non, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia xuvenil coincidindo co correspondente curso académico no cal estivesen matriculadas, respectando sempre o período máximo antes indicado e, en todo caso, concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.

En calquera caso, as persoas residentes deberán iniciar a súa estadía na residencia xuvenil como prazo máximo o 31 de outubro do ano de cada convocatoria.

No DOG do 30 de setembro de 2022 a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica as resolucións de adxudicación de prazas e concesión de bolsas nas residencias xuvenís:

DOG do 30 de setembro de 2022 


Albergues


A Rede de Albergues Xuvenís de Galicia está constituída por todos os albergues xuvenís situados dentro do territorio da comunidade autónoma, ben de titularidade da Xunta de Galicia ou de calquera outra administración pública, ou ben de titularidade de persoas físicas ou xurídicas privadas sempre que, neste último caso, estean inscritos no rexistro dependente da dirección xeral.

 

Procedemento para adherirse á Rede de Albergues Xuvenís de Galicia.

 

Ademais, calquera albergue pertencente á rede pode adherirse á REAJ (Rede Española de Albergues Xuvenís). A REAJ forma parte de Hostelling International, que ofrece aloxamento de calidade a prezos asequibles en calquera lugar do mundo

 

Páxina web da REAJ 

Páxina web de Hostelling International 

 

Esta modalidade, moito máis barata e accesible que o turismo de hotel, adáptase ás túas necesidades. Non só pon á túa disposición un aloxamento digno a un prezo á altura dos teus ingresos, senón que ademais as súas características fan que vivas unha experiencia única e compartida, na que atoparás tanto unha ampla oferta de actividades como unhas paraxes cheas de encanto e historia.

 

Para iso necesitarás ter ganas de divertirte, unha vontade, provista de bo calzado e mochila, que te leve a desfrutar de cada quilómetro da viaxe e, no caso dos albergues REAJ, tamén precisarás un carné: o carné de alberguista.

 

Obtendo este carné, que está recoñecido internacionalmente, poderás beneficiarte de todos os descontos, nacionais e internacionais aplicados, participar en concursos e formar parte dunha extensa rede. Lembra que podes escoller entre os máis de 260 albergues existentes en España e máis de 4.000 no resto do mundo. É dicir, os albergues están preto de ti, pero tamén preto de todo o mundo. Aprovéitao!

 

 

Albergues REAJ

 

Gandarío

 http://reaj.com/albergues/albergue-juvenil-gandario-complexo-xuvenil-as-marinas/

 

Lug II

  http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-lug-ii/

 https://www.hihostels.com/es/hostels/lugo-lug-ii

 http://www.lugdous.com/

 

As Corcerizas

 http://ascorcerizas.com/central/141118wp/destacado/albergue/ 

 https://www.hihostels.com/es/search/hostels?q=as+corcerizas

 

 Equal

 http://reaj.com/albergues/equal-sociedad-cooperativa-galega/

 http://www.centroequal.com/

 

ArtSurfCamp

 

http://reaj.com/albergues/artsurfcamp-albergue-juvenil-carballo/

 http://www.artsurfcamp.com/

 

Altamar

 

http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-altamar/

 https://www.hihostels.com/es/hostels/vigo-city

 

Florentino López Cuevillas

 http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-florentino-lopez-cuevillas/

 

 

Outros Albergues

 

 

Albergue Xuvenil O Corgo

http://www.concellomuinos.com/albergue-o-corgo

 

Albergue Xuvenil da Fundación Ramón González Ferreiro

http://fundacionrgf.org/albergue/

 

Outros aloxamentos para estudantes

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150504/AnuncioCA05-240415-0001_gl.pdf