Se es unha apaixonada da tecnoloxía e cursas estudos en ciencias, tecnoloxía, enxeñería ou matemáticas, tes unha nova oportunidade para apuntarte ao programa de bolsas Come On.
Es estudante universitaria de carreiras STEM ou finalizaches os teus estudos nos dous últimos anos e estás a cursar outro tipo de estudos (cursos, master, posgraos, etc.) en calquera destas disciplinas STEM? Pois esta é a túa oportunidade!
Este programa darache a posibilidade de realizar prácticas formativas e coñecer as últimas tecnoloxías en proxectos innovadores (DevOps, Cloud, Ciberseguridade ou Intelixencia artificial, entre outros) e terás posibilidade de vivir en primeira persoa a transformación dixital dunha gran empresa.
Características do programa
6 meses de prácticas formativas, ampliables a 1 ano.
Bolsas remuneradas adaptadas ás túas necesidades: 7 ou 5 horas.
Lugar: Paseo do Club Deportivo, Nº1 (La Finca). 28224 Pozuelo de Alarcón (Madrid).
Posibilidade de modalidade semipresencial, adaptada ao contexto actual
Requisitos participantes
Mulleres apaixonadas nas novas tecnoloxías con ganas de aprender en proxectos innovadores.
Estudantes ou Tituladas Universitarias fai máximo 2 anos que estean a cursar estudos en disciplinas relacionadas coas ciencias, tecnoloxía, enxeñería ou matemáticas.
https://www.orange.es/unete-a-nuestro-equipo/becas-orange/come-on#