Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.
A participación é aberta e de balde e concrétase co envío dun vídeo no que, cando menos, dúas persoas aparezan regueifando en lingua galega
Categorías
- Xeral, na que pode participar calquera persoa.
- Escolar, na que pode participar alumnado de ensino non universitario (educación infantil, primaria, secundaria, formación profesional, ensinanzas especiais, artísticas, escolas de música, de danza ou de idiomas). Nesta categoría, as persoas participantes representarán o centro educativo no que estuden, aínda que poden inscribirse co nome da súa aula ou co que decidan adoptar para diferenciárense doutras que participen do mesmo centro.
Características dos vídeos
- O idioma empregado ten que ser o galego.
- A temática é libre.
- En cada vídeo deben aparecer, cando menos, dúas persoas. Unha mesma persoa pode participar en varios vídeos.
- A duración máxima das pezas será de 3 minutos.
- Non se establecen restricións no formato, sempre e cando as gravacións se aprecien de xeito claro.
- Non se poderán transmitir imaxes ou mensaxes violentas, ofensivas e/ou discriminatorias. A organización descartará aqueles vídeos con contidos que non considere apropiados.
Inscrición
Os vídeos enviaranse a través da web de Enreguéifate, www.enregueifate.gal, xunto co formulario de inscrición cuberto que se atopa na propia páxina do certame.
Prazo: do 12 de xaneiro ao 1 de marzo de 2024.
Os premios serán simbólicos e incluirán a difusión do traballo:
- Regueifa máis brava: valoraranse os vídeos cun xeito de regueifar máis ousado, garboso, festeiro e divertido.
- Regueifa máis aguda: valoraranse os vídeos máis enxeñosos, creativos e orixinais desde o punto de vista estético.
- Regueifa máis diversa: valoraranse os vídeos nos que haxa maior heteroxeneidade entre as persoas participantes en canto a sexo, idade, nacionalidade, etcétera.
- Regueifa máis reivindicativa: valoraranse os vídeos cunha temática crítica ou satírica, tendo tamén en conta o tratamento de asuntos de actualidade.
- Regueifa mellor cantada: valoraranse os vídeos nos que se demostre unha mellor entoación, afinación e ritmo musical.
- Regueifa mellor falada: valoraranse os vídeos nos que se demostre mellor calidade lingüística, tendo en conta o uso coidado, correcto e non sexista da lingua galega en todas as súas variantes dialectais
https://enregueifate.gal/edicion-2024/
Aquí están as Regueifas gañadoras de 2023: https://enregueifate.gal/edicion-2023-ganadores/
O festival Carballo Interplay que terá lugar en Carballo do 4 ao 7 de abril de 2024 convoca os seguintes premios:
Premio “Mellor contido dixital en galego”, que ten por obxectivo poñer en valor e visibilizar o traballo dos creadores e creadoras que difunden contidos en lingua galega na internet.
A inscrición é gratuíta e a data límite para a inscrición é o 22 de febreiro de 2024.
- Os proxectos deben de ser de creación propia e estar en lingua galega.
- As canles de difusión serán Youtube, TikTok ou Instagram.
- Poderán inscribirse tanto creadores e creadoras como proxectos de contido específicos dentro dunha canle ou canles completas.
- Non hai ningún tipo de restrición de formato, temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias, sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén.
- Os proxectos deben ter un historial comprobable de publicacións e intención de continuidade. O comité de selección poderá solicitar a información necesaria para verificar dito historial.
- A inscrición farase cubrindo debidamente este formulario que tamén se pode atopar na web do festival.
- O comité de selección do festival seleccionará os finalistas que terán a oportunidade de falar dos seus proxectos dentro da programación do festival.
Premios:
Premio a mellor canle. 600 €.
Premio a mellor creador/a. 600 €.
https://carballointerplay.com/premio-creacion-dixital-galega/
Premio a produción de contido dixital en galego do Festival Carballo Interplay 2024
- Os proxectos presentados a este premio deben estar referidos á creación de contidos audiovisuais para internet en lingua galega e deben ser creacións propias, orixinais e inéditas.
- Poden ser de calquera formato sempre e cando sexan pensados para seren difundidos en internet mediante varias entregas, capítulos ou partes.
- A plataforma de difusión pode ser calquera: youtube, instagram, tiktok, plataforma de streaming etc
- Poden ser de imaxe real, animación, stop motion, técnica combinada, etc.
- Non hai ningún tipo de restrición de temática, xénero, estilo e persoas destinatarias sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén.
- Deben ser gravadas orixinalmente en galego e esta debe ser a língua do seu título e créditos.
Poderán presentarse proxectos dende a publicación das bases ata o 8 de marzo de 2024.
O premio ten unha dotación económica de 3.000 € e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos, tres videos ou partes do proxecto premiado.
https://carballointerplay.com/premio-a-producion-de-contido-dixital-en-galego/
Premio de competición internacional de series de formato curto Carballo Interplay 2024
- Poderán presentarse a competición aquelas series producidas entre os anos 2023 e 2024 que teñan a lo menos 3 capítulos producidos.
- Os capítulos poden ser inéditos ou estar publicados en calquera plataforma de streaming ou de video online.
- A duración máxima dos capítulos é de 30 minutos.
- Os episodios inscritos poden ser de calquera temática, xénero, de imaxe real ou animación.
A inscrición farase desde a web do festival www.carballointerplay.com cubrindo debidamente o formulario de inscrición ou a través da plataforma online Filmfreeway.
A inscrición é gratuíta en todos os casos.
A data límite para a inscrición é o 22 de febreiro de 2024.
Premio:
-Mellor serie: 800 euros e trofeo
-Premio do xurado novo: 400 euros e trofeo
-Premio do público: 400 euros e trofeo
-Premio a mellor dirección: 200 euros e trofeo
A Fundación Universidade Santiago de Compostela convoca o XI Concruso de Postais de Nadal. A temática da postal debe unir o Nadal e o deporte. No caso de levar texto (non é obrigatorio), deberá ser en galego. Cada participante poderá presentar un só traballo. Este debe realizarse en cartolina tamaño DIN-A4 por unha soa cara e poderase utilizar calquera técnica de debuxo, pintura ou colaxe.
Os traballos presentaranse nun sobre pechado. No exterior do sobre indicarase “XI Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC”. No interior, acompañando á postal, incluirase un sobre pequeno pechado coa folla de inscrición. Na parte posterior da postal debe indicarse a idade da persoa participante, pero nunca o seu nome. As postais deberán entregarse na sede da Fundación, ben de maneira presencial ou enviándoas por correo. O enderezo é: Avda. das Ciencias 6, 1º, 15782, Santiago de Compostela.
Requisitos
Poderán participar todos aqueles nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2011 e 2020 (ambos incluídos).
Dotación
Outorgarase un único premio que consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2024 e un vale de 100 € para trocar por material deportivo.
O xurado poderá outorgar un accésit cuxo premio consistirá nun pequeno lote de libros.
A prazo de recepción dos orixinais estará aberto ata o 7 de decembro de 2023.
Máis información
https://www.fundacionusc.gal
A Deputación da Coruña convoca o V Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade.
Poderán presentar os seus proxectos todas aquelas persoas físicas ou xurídicas con sede social permanente no territorio galego.
Establécese oito premios por un importe máximo de 12.500 euros cada un; en función do orzamento do proxecto seleccionado, o importe do premio poderá ser menor.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de decembro de 2023.
Poderán participar persoas maiores de 18 anos, autoras de ensaios inéditos escritos en español, inglés, francés ou portugués.
O tema é a inmigración intra africana.
Premio: 2.000 euros
Prazo: do 2 de febreiro ata o 2 de maio de 2024
Máis información en https://www.casafrica.es/es/premios-de-casa-africa
O Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (COPOGA) convoa o V Concurso de Postais de Nadal. A temática do debuxo será o Nadal na que os protagonistas sexan os pés. Valorarase máis a orixinalidade e a creatividade que a técnica empregada.
Só se poderá presentar unha obra por participante. Debe presentarse no modelo oficial do concurso, que pode descargarse desde a páxina web do concurso. As postais serán a cor, en técnica libre e poderase utilizar calquera tipo de material (lapis, rotuladores, témperas, acuarelas, etc). Terán que ser orixinais e inéditas.
Os debuxos enviaranse escaneados ao correo electrónico concurso@copoga.com ou a través do formulario que se atopa na zona web www.copoga.com, ou por correo ordinario ó enderezo R/ Manuel Vázquez Cacharrón 8, 15702 (Santiago de Compostela).
Requisitos
Poderán participar todos aqueles nenos/as en idades comprendidas entre os 3-8 anos (inclusive) residentes en Galicia.
Dotación
Concederanse dous premios que consistirán en dúas caixas regalo “Estancia familiar + Actividades e parques temáticos”.
- Un deles outorgarase ao debuxo elixido no tramo de idade de 3-6 anos
- O outro premio outorgarase ao debuxo elixido no tramo de idade de 7-8 anos
Todos os participantes do concurso recibirán de agasallo un ioió.
O prazo de recepción dos traballos estará aberto ata o 11 de decembro de 2023.
Máis información
https://copoga.com/
A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Concurso de Postais de Nadal de técnica libre e realizados con materiais naturais co que se invita a gozar das festas de forma responsable e respectuosa co medio ambiente. Poderase utilizar calquera material (follas, landras, cortizas, cunchas, téxtiles, froitos secos, paus, cordeis, etc.) sobre unha superficie de cartulina cunhas dimensión máximas de 148 x 210 mm (A5). Establécense tres categorías:
Categoría cativos: ata 8 anos de idade
Categoría mocidade: de 9 a 14 anos
Categoría xeral: maiores de 15 anos
Requisitos
Poderán participar cantas persoas o desexen. Só se aceptará un traballo por participante.
Dotación
Dous premios por categoría e premio ao obxecto máis orixinal. Os premiados recibirán un diploma e agasallos consistentes en xogos e libros.
O prazo de recepción dos traballos esatrá aberto ata o día 15 de decembro.
Máis información
https://www.usc.es/
Casa África convoca a XIV edición do concurso fotográfico Obxectivo África baixo a temática: Biodiversidade en África.
O concurso premiará aquelas imaxes que reflictan de forma creativa a biodiversidade do continente africano. Obxectivo África, orientado sempre a coñecer os aspectos positivos do continente africano pon o foco nesta edición no medio ambiente e a biodiversidade
Premios:
- Primeiro premio: 1.000 €.
- Segundo premio: 500 €.
- Terceiro premio: 300 €.
O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto desde o 2 de febreiro de 2024 ata o 2 de maio de 2024 ás 14.00 horas.
A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca o II Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo", coa finalidade de incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria, con técnicas actuais para a sociedade dixital.
O certame está destinado a estudantes de 15 a 25 anos de idade.
Os temas preferentes das pezas que se presenten ao premio serán o medio ambiente, a paisaxe, a sostibilidade, o territorio, o patrimonio, a historia, a xeografía, a etnografía, a comunicación oral e a tradición oral. Todos temas do universo oteriano. O idioma será o galego.
As pezas enviaranse ao correo da asociacion: amigos.de.otero.pedrayo@gmail.com entre o 10 de febreiro e o 25 de xullo de 2024.
Cada peza debe ter unha presentación do/a autor/a e do tema, unha mensaxe central e un peche.
Premios:
1º premio, un ordenador portátil e 500 € en produtos Coren.
2º premio, dotado con 500 € en produtos Coren achegados por esta empresa.
3º premio, dotado con 200 € en produtos Coren achegados por esta empresa.
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647067&name=DLFE-26987.pdf