Bolsa de grao da fundación La Caixa

10 Mai 2024

A Fundación ”La Caixa” convoca 50 bolsas para estudantes excelentes, con escasos recursos económicos que desexen cursar estudos de grao ou ensinos artísticas superiores en universidades públicas ou centros públicos de ensino superior no territorio español e que empecen por primeira vez no curso 2024-2025.

A convocatoria está aberta a todas as áreas do coñecemento.

O inicio da bolsa coincidirá co inicio dos estudos.

A duración da bolsa será igual á duración establecida no plan de estudos da titulación para a que se conceda a bolsa.

As bolsas son exclusivamente para estudos presenciais, a tempo completo e con dedicación plena.

Os solicitantes que obtivesen unha bolsa deberán formalizar a matrícula dos estudos de grao universitario ou ensinos artísticos superiores para o curso 2024-2025.

Así mesmo, para que a bolsa de grao da Fundación sexa efectiva, deberase solicitar a bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para o curso 2024-2025.

A bolsa incluirá:
- Bolsa salario de 600 euros mensuais que empezará a percibirse cando se inicie o programa de estudos para o que se concedeu a bolsa. Esta dotación percibirase durante os meses do curso académico, cun máximo de 10 meses ao ano.
- Dotación única inicial de 600 euros para gastos de adquisición de equipamento informático e material.
- Dotacións adicionais para realizar unha estancia internacional, que inclúen:
Dotación mensual de 400 euros adicionais ao longo da estancia internacional.
Dotación única de 400 euros o primeiro mes para gastos de desprazamento e instalación.
- Matrícula na universidade pública ou o centro de ensino superior público no que fose admitido o bolseiro:
O importe da matrícula será cuberto pola bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación.
En caso de denegación da bolsa de carácter xeral, a Fundación “La Caixa” cubrirá este concepto. O importe de matrícula cuberto corresponderase co prezo público universitario dos créditos fixado por cada comunidade autónoma en cada curso académico.
- Matrícula para cursos de inglés durante toda a duración da bolsa.
- Programa de orientación académica personalizado.
- Programa de formación en habilidades transversais.
- Dotación final de 250 euros para os gastos relacionados coa expedición do título, a acreditación das cualificacións obtidas e outros gastos administrativos que poidan xerarse, derivados da finalización dos estudos para os que se concedeu a bolsa.

Prazo: 31 de maio de 2024, ás 14 h

Máis información:  Web Fundación "a Caixa" / Solicitude