Deporte para a igualdade: Exposición fotográfica + Ciclo de debates

23 Nov 2022

O Concello da Coruña pon en marcha o 25 de novembro “Deporte para a igualdade”, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A programación componse de sete charlas e unha mostra fotográfica que teñen como obxectivo poñer en valor o deporte feminino da cidade, tanto ás mulleres deportistas como aquelas entidades que traballan a inclusividade e a igualdade no deporte.

A programación desenvólvese do día 25 de novembro de 2022 ata o 03 de decembro de 2022, entrada libre ata completar aforo.

Ciclo de charlas

25 de novembro, ás 17.00 h no Fórum Metropolitano: "Pioneiras"
28 de novembro, ás 16.30 h no Fórum Metropolitano: "Elite"
29 de novembro, ás 17.15 h no Palacio dos Deportes de Riazor: "Persoal técnico"
30 de novembro, ás 17.00 h no Palacio dos Deportes de Riazor: "Clubs deportivos"
1 de decembro, ás 17.00 h no Palacio dos Deportes de Riazor: "Medios de comunicación"
2 de decembro, ás 17.00 h no Fórum Metropolitano: "Arbitraxe"
3 de decembro, 11.30 h no Fórum Metropolitano: "Deportistas con discapacidade"

Mostra fotográfica "Deporte para a igualdade": o Fórum Metropolitano acolle esta exposión con máis de 40 fotografías protagonizadas por mulleres deportistas coruñesas en diferentes disciplinas deportivas

 

Máis información

Servizo Municipal de Deportes

Tel.: 981 18 98 00

www.coruna.gal

www.facebook.com/acorunadeportes