A empresa de aloxamento universitario UNIBOOKING convoca ao 1º Certame Literario Internacional de Relato Curto David Beriain 2022. Un concurso que nace cunha vocación de periodicidade anual e está aberto a todos aqueles estudantes que estean matriculados na universidade ou centro de ensinos artísticos superiores, sen importar a súa nacionalidade.
O obxecto do concurso é fomentar a creatividade literaria e a cultura entre os mozos universitarios e promover os valores que representa a figura de David Beriain, como son a tenacidade, a humildade e a valentía.
Bases
Prazo de admisión: Ata o 30 de xaneiro ás 23h59
Poden participar: persoas de 18 a 25 anos cursando estudos superiores
Temática: Os Tempos Cambian
Extensión: 2 a 6 páxinas
Formato: PDF (non se aceptarán outros formatos)
Estilo: mecanografado, a dobre espazo, en tamaño de folio Din A4, con marxes xustificadas de 2 cms. a dereita e esquerda e tipo de fonte exclusivamente Times New Roman, Arial ou Garamond en tamaño de fonte 12.
Só se aceptarán os relatos entregados a través do formulario oficial.
Premio: 750€
Requisitos
Poderá participar calquera estudante universitario que estea matriculado nunha universidade, sen importar a súa nacionalidade, salvo os gañadores de edicións anteriores. As obras que se presenten deberán ser inéditas, orixinais e non premiadas noutros certames literarios.
Dotación
1º Premio que recibirá como premio a cantidade de 750€ en metálico.
2º e 3º premio, cuxos relatos, xunto co do gañador, serán publicados nun fanzine que se presentará en rolda de prensa. Realizarase unha tirada do fanzine de 2.000 unidades que se poñerán á venda por 5€. Os beneficios destinaranse á ONG Reporteiros sen Fronteiras.
Bases da convocatoria | Formulario de inscrición | hello@unibooking.es
O Concello da Coruña pon en marcha o 25 de novembro “Deporte para a igualdade”, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A programación componse de sete charlas e unha mostra fotográfica que teñen como obxectivo poñer en valor o deporte feminino da cidade, tanto ás mulleres deportistas como aquelas entidades que traballan a inclusividade e a igualdade no deporte.
A programación desenvólvese do día 25 de novembro de 2022 ata o 03 de decembro de 2022, entrada libre ata completar aforo.
Ciclo de charlas
25 de novembro, ás 17.00 h no Fórum Metropolitano: "Pioneiras"
28 de novembro, ás 16.30 h no Fórum Metropolitano: "Elite"
29 de novembro, ás 17.15 h no Palacio dos Deportes de Riazor: "Persoal técnico"
30 de novembro, ás 17.00 h no Palacio dos Deportes de Riazor: "Clubs deportivos"
1 de decembro, ás 17.00 h no Palacio dos Deportes de Riazor: "Medios de comunicación"
2 de decembro, ás 17.00 h no Fórum Metropolitano: "Arbitraxe"
3 de decembro, 11.30 h no Fórum Metropolitano: "Deportistas con discapacidade"
Mostra fotográfica "Deporte para a igualdade": o Fórum Metropolitano acolle esta exposión con máis de 40 fotografías protagonizadas por mulleres deportistas coruñesas en diferentes disciplinas deportivas
Máis información
Servizo Municipal de Deportes
Tel.: 981 18 98 00
www.facebook.com/acorunadeportes
O IX Certame Literario de VIAQUA ten como obxectivo contribuír á difusión da cultura da auga ,así como fomentar a participación activa da mocidade no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 23 de decembro de 2022
Requisitos
Deberá estar escrito en ordenador, para o seu envío por correo electrónico.
En caso de non entender a tipografía, poderá ser motivo de descarte.
A temática ten que ser sobre a seca e como o consumo responsable da auga pode contribuir a mellorar a situación.
Valorarase a presenza no relato curto dalgún sinal de identidade da cidade ou núcleo de poboación das persoas participantes, así como o coidado da gramática e da ortografía.
Remuneración
Entregaranse vales por valor de...
1º premio: 150 euros.
2º premio: 75 euros.
3º premio: 50 euros.
As persoas que resulten gañadoras poderán utilizalo no comercio local para produtos deportivos, de papelería/libraría ou tecnolóxicos. O centro educativo que presente maior número de relatos recibirá un lote de libros sobre a auga e o medioambiente, ou mención especial que determine a empresa.
Poderán presentarse persoas de calquera nacionalidade, con lugar de residencia en España entre as idades de 12 e 17 anos, que cursen estudos en centros educativos e de Formación Profesional situados nos municipios nos que a empresa presta o servizo de subministración de auga.
Máis información
Convócase o V Certame de Podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte … nas Ondas!
Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria (de 5º e 6º cursos) e secundaria de Galicia, así como doutros centros de ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderá participar o alumnado da mesma idade das escolas do Norte de Portugal.
Presentaranse podcasts orixinais e inéditos relacionados coa vida e obra e Francisco Fernández del Riego, o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas en 2023, ou con outros aspectos do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e do Norte de Portugal, cunha duración máxima de tres minutos.
Establécense os seguintes premios:
Premio ao mellor traballo do alumnado de 5º e 6º cursos de primaria de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma.
Premio ao mellor traballo dos centros de educación secundaria e doutros centros de ensino non universitario de Galicia e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma.
Premios do Festival Europeo para proxectos xuvenís en festivais.
As solicitudes para os 12º Premios do Festival Europeo están abertas ata o 20 de novembro. Solicite hoxe o premio IMPOSSIBLE WITHOUT YOUTH AWARD.
Os Premios do Festival Europeo regresan para a tempada 2022 e hai moito que celebrar. Festivais novos e antigos, formacións espectaculares, experiencias inesquecibles, activacións e innovacións excepcionais, así como a simple alegría de ver música en vivo no escenario de novo.
Sen dúbida, existe unha conexión especial entre os festivais e a mocidade participante. Dado que 2022 é o Ano Europeo da Mocidade, YOUROPE e a Asociación de Festivais Europeos (EFA) presentan un premio exclusivo IMPOSIBLE SEN MOCIDADE (IMPOSSIBLE WITHOUT YOUTH AWARD). Honra as accións, proxectos, desenvolvementos e iniciativas relacionados coa mocidade nos festivais en relación con:
- Activismo xoven
- Proxectos Artísticos mozos
- Desenvolvementos de equipos mozos
- Mocidade innovadora
Esta categoría especial está aberta para festivais de todo tipo e os seus equipos. Pero tamén para mozos/as artistas, organizacións xuvenís, ONG xuvenís, mozos e mozas innovadores.
Seleccionados por un xurado de expertos, os gañadores/as serán homenaxeados na 12ª edición dos Premios do Festival Europeo que terá lugar no Festival Eurosonic (ESNS) o 18 de xaneiro de 2023 en Groningen, Países Baixos.
O premio IMPOSSIBLE SEN MOCIDADE é o gran final da contribución da Asociación Europea de Festivais e YOUROPE ao Ano Europeo da Mocidade chamado #ImpossibleWithoutYouth e apoiado por festivais en toda Europa.
As solicitudes para a categoría IMPOSSIBLE WITHOUT YOUTH AWARD pódense enviar como moi tarde o 20 de novembro á seguinte ligazón: https://yourope.org/impossible-without-youth-award/.
Dentro do programa de formación e asesoramento da USC se encadra a unha nova edición da MOSTRA: Préndete da Economía Social.
Data: 9 de xuño
Horario: de 11:30 a 19:00 horas
Modalidade: en liña
Obxectivo: xerar un ecosistema real de economía social mediante encontros con persoas emprendedoras e empresas para fomentar networking e transferencia, promover iniciativas emprendedoras mediante charlas sectoriais e talleres e dar a coñecer proxectos de economía social mediante showrooms e catas para aumentar competitividade do sector da economía social, entre outras actividades.
Actividades:
- Participación de empresas de economía social.
- Charlas sectoriais e talleres para promover o emprendemento en sectores emerxentes.
- Showrooms e catas sectoriais en economía social.
Inscrición: a través desta ligazón antes do 6 de xuño ás 23:59 horas.
Para máis información: usceconomiasocial.gal / info@usceconomiasocial.gal / 687 333 709
As fotografías admitidas no VII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosferas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá organizado pola Deputación de Lugo poden verse nunha exposición virtual na páxina web da institución provincial. Esta edición do certame tivo como fío condutor as redes de rutas de sendeirismo e itinerarios e o conxunto de vías e camiños tradicionais, co obxectivo dar a coñecer e poñer en valor a riqueza natural, cultural e paisaxística destas dúas Reservas da Biosfera, xestionadas pola Deputación de Lugo.
A mostra, entre a que se atopan todas as imaxes participantes na edición do 2021, pódese visitar no seguinte enlace:
https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/concursofotografiaRRBB/VIIexposicion
XXVII Certame Internacional Deputación Provincial de Burgos Novos Cantautores, 2022.
O Instituto Provincial para o Deporte e Mocidade co fin de apoiar aos novos artistas que inician a súa andaina no mundo da música, e seguindo a súa longa traxectoria de apoio á mocidade convoca a VIXÉSIMO SÉTIMA edición do Certame de Cantautores.
Participantes novos de 18 a 30 anos. Ambas as idades inclusive a data do 31 de decembro de 2022.
Prazo de presentación ata o día 22 de Febreiro de 2022.
+ Info
www.cantautoresburgos.com
www.facebook.com/IDJBurgos
www.twiter.com/IDJBurgos
cantautores@diputaciondeburgos.es