Certame literario Antón Tovar

03 Mai 2024

O Padroado do Museo da Limia convoca o Certame Literario «Antón Tovar».

As obras serán orixinais e inéditas, escritas en lingua galega, poderán ser en prosa ou en verso, cunha extensión máxima de 400 palabras para os textos prosísticos e de 30 versos para as composicións poéticas. A temática dos textos ten que glosar algún aspecto da obra e da persoa do escritor e/ou da súa relación co territorio limiao. Cada autor poderá presentar ata 2 obras.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo postal ao enderezo Certame Literario Antón Tovar. Museo da Limia. R/ Celanova, nº 63. 32650 – Vilar de Santos (Ourense).

Requisitos
A participación está aberta a cantas persoas o desexen.
    
Dotación
Premio único: bono para 2 persoas para pasar unha fin de semana en réxime de pensión completa, no Hotel Bienestar Termas de Monçao (Portugal).
    
O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 20 de maio de 2024.    
   
Máis información
https://www.museodalimia.com