Bolsas de grao da Fundación Occident

10 Mai 2024

A Fundación Occident convoca bolsas de grao.

Requisitos:
- Finalizar o último curso de Bacharelato ou dun Ciclo Formativo de Grao Superior no curso inmediatamente anterior á concesión desta bolsa.
- Ter unha nota media igual ou superior a 7 en Bacharelato ou CFGS.
- Posuír a nacionalidade española ou o permiso de residencia en España.
- Matricularte ao primeiro curso de grao universitario nunha universidade española e non cursar anteriormente outros estudos universitarios.
- Ter un limiar de renda limitado.

Para estudantes de primeira xeración, certificar a titulación de máis grao de cada un dos pais e/o nais do estudante, que non pode ser un grao universitario ou titulación equivalente. Son elixibles os estudantes cuxos pais/nais iniciaron estudos universitarios se non chegaron a completalos.

Para estudantes de primeira xeración en STEM, certificar a titulación de máis grao de cada un dos pais e/o nais do estudante, que non pode ser un grao universitario ou titulación equivalente en STEM.

Se cumpres os requisitos, tes que ter solicitada a bolsa do Ministerio de Educación, acreditando dita solicitude.

Dotación:
- Matrícula universitaria. En caso de matrícula nunha universidade privada, esta bolsa compensará ao bolseiro o importe equivalente a cursar os mesmos estudos, ou un grao parecido, nunha universidade pública da súa comunidade autónoma.
- Axudas para materiais educativos e/o formación complementaria
- Dotación económica en función da renda e a distancia do teu domicilio á universidade
- Un programa de mentoría personalizada e especializada ao longo de todos os estudos
- Un programa formativo anual para desenvolver habilidades transversais e tecer a primeira rede de contactos profesionais.
- Dotación complementaria ligada ao aproveitamento dos beneficios da Bolsa de Grao Jesús Serra.

Prazo: 10 de xuño de 2024

https://www.fundacionoccident.org/becas-jesus-serra