1º premio. Camiño Primitivo de Lina Iglesias Forneiro 1º premio. Camiño Primitivo de Lina Iglesias Forneiro

Exposición das fotografías do VII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosferas

18 Xan 2022

As fotografías admitidas no VII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosferas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá organizado pola Deputación de Lugo poden verse nunha exposición virtual na páxina web da institución provincial. Esta edición do certame tivo como fío condutor as redes de rutas de sendeirismo e itinerarios e o conxunto de vías e camiños tradicionais, co obxectivo dar a coñecer e poñer en valor a riqueza natural, cultural e paisaxística destas dúas Reservas da Biosfera, xestionadas pola Deputación de Lugo.

A mostra, entre a que se atopan todas as imaxes participantes na edición do 2021, pódese visitar no seguinte enlace:
https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/concursofotografiaRRBB/VIIexposicion