Proxectos de enerxías renovables de uso térmico e enerxía solar fotovoltaica

09 Feb 2024

A Xunta de Galicia convoca subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico así como para proxectos de enerxía solar fotovoltaica en ámbitos non urbanos.

Proxectos subvencionables:
– Biomasa.
– Xeotermia e hidrotermia.
– Solar térmica.
– Aerotermia.
– Enerxía solar fotovoltaica en aplicacións residenciais.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ato o 30 de setembro de 2024 co procedemento IN421P e co IN421O para enerxía solar.
As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras.

Máis información no DOG do 9 de febreiro de 2024, en www.inega.gal e no teléfono 981 541 500.