Premio de Novela Bicentenario da Policía Nacional

13 Mai 2024

A Fundación Policía Española, Banco Santander e Algaida Editores convocan o VII Premio de novela Bicentenario da Policía Nacional 2024.

As obras deberán ser orixinais e inéditas e estarán redactadas en lingua castelá. Deberán estar adscritas ao xénero policíaco, criminal ou de novela negra e terán unha extensión mínima de 150 páxinas ou 350.000 caracteres.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo premiodenovela@policia.es

Requisitos
Poderá participar calquera persoa maior de idade, con residencia en España e cuxa obra non fose premiada neste certame nos tres anos anteriores.

Dotación
Premio único: 15.000 €, tofeo e publicación da obra.

O prazo de recepción das obras estará aberto ata o 1 de xuño de 2024.

Máis información
https://www.fundacionpoliciaespañola.es
premiodenovela@policia.es