Asociacionismo

A Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, establece que as administracións públicas fomentarán a participación da mocidade no seu sentido máis amplo para así lexitimar e dotar de maior coherencia as políticas de mocidade, adaptándoas á realidade xuvenil de cada momento, debendo fomentar o diálogo entre as institucións e a mocidade para contribuír ao desenvolvemento individual e colectivo, tratando ademais de renovarse constantemente.

A participación xuvenil, como expresión dos valores democráticos e do pluralismo político, cultural e ideolóxico, que permite á xuventude decidir sobre o seu futuro, poderá exercerse de xeito individual ou colectivo mediante as seguintes formas de participación: as asociacións xuvenís e as súas federacións, as seccións xuvenís de asociacións non xuvenís, as novas formas de asociacionismo xuvenil sen personalidade xurídica, o Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia e os consellos locais de xuventude.

As asociacións xuvenís son unha forma máis de expresión, de participación activa na sociedade. Por qué asociarte? Para achegar novas ideas, para compartir as túas experiencias con outros mozos e mozas ou para levar a cabo proxectos que che parezcan interesantes.

Podes entrar no asociacionismo de dúas maneiras, uníndote a unha asociación xa constituída coa que te sintas identificado ou creando xunto cos teus amigos e amigas a vosa propia asociación xuvenil.

Primeiro, deberedes constituír a vosa asociación e inscribila no rexistro dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, seguindo os pasos que se establecen na seguinte ligazón

No caso das asociacións xuvenís, todas as persoas asociadas deberán ter entre 14 e 29 anos. Modelo Estatuto

No caso das entidades prestadoras de servizos á xuventude, deberá preverse nos estatutos unha sección xuvenil na que estarán inseridas todas as persoas asociadas que teñan entre 14 e 29 anos. Modelo Estatuto

Inscrición no censo de Entidades Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Lexilación aplicable: Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude.

Unha vez inscrita no rexistro dependente de Vicepresidencia, poderedes inscribir a vosa asociación no Rexistro de Entidades Xuvenis a través do procedemento BS308A. Premer aqui para inicar o procedemento. 

Coa solicitude deberedes achegar a seguinte documentación:

- Copia dos Estatutos

- Copia da Acta de constitución

- Copia de NIF (agás autorización para consultar a validación)

- Copia do certificado de inscrición no rexistro correspondente

As entidades rexistradas no censo debrán presentar no mes de decembro de cada ano a solicitude que figura na sección A do anexo XIII onde se manifeste o seu desexo de continuar inscrita no censo e se comuniquen as posibles modificación dos datos existentes nel, se é o caso (artigo 91 do Decreto). Sempre que se modique a xunta directiva dunha asociación débese anexar unha copia da acta.

Para poderdes recibir calquera das subvencións que convoque a Consellería de Política Social en materia de xuventude será condición indispensable estar inscrito no Rexistro de Entidades Xuvenís no momento de presentación da solicitude.

 

Consulta as Asociacións que existen en Galicia 

Subvencións a asociacións e grupos informais de mozos/as