Conecta co Camiño, para á mocidade da Galicia exterior

17 Abr 2024

A Xunta de Galicia convoca o programa Conecta con Galicia, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa cultura e a xeografía galegas a través da realización de distintos tramos do Camiño de Santiago Portugués ata chegar a Compostela..

Convócanse 60 prazas para mozos e mozas residentes no estranxeiro, con idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos, para participar nun programa de actividades deportivas e socioculturais relacionadas co Camiño de Santiago, que se desenvolverá entre o 19 e o 31 de xullo.

O programa divídese en dúas fases diferenciadas que se desenvolven consecutivamente.
1ª. O percorrido de oito tramos galegos (100 km) a pé polo Camiño de Santiago Portugués e da costa, ata Compostela.
2ª. Actividades orientadas a coñecer aspectos da situación socioeconómica de Galicia e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna.

bconectacocamiño

Requisitos das persoas participantes:
a) Ter unha idade comprendida entre os 18 e 20 anos na data de inicio do programa.
b) Non ter participado en edicións anteriores en ningún programa convocado pola Secretaría Xeral da Emigración.
c) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
d) Ter a nacionalidade española.
e) Ter a súa residencia habitual no estranxeiro.
f) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de 12 meses

Prezo:
Para optar ás prazas con financiamento do 100 %, o importe total dos ingresos e rendas que perciban todos os membros da unidade familiar do solicitante non poderá superar o límite da cantidade que resulte do dobre da base de cálculo da prestación por razón de necesidade aprobada no 2024 para o país de residencia, ou no caso de residir en Europa, do salario mínimo interprofesional no país de residencia para o ano desta convocatoria, multiplicado polo número de persoas que convivan menos unha.

As persoas interesadas que entendan que os ingresos da unidade familiar do solicitante supere ese tope, deberán optar por unha das prazas ofertadas na modalidade de copagamento, e aboar a cantidade de 800 €, se residen en América, ou de 250 € se residen en Europa, en concepto de custo da viaxe

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de maio de 2024
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR930D
Máis información no DOG do 17 de abril de 2024 e en http://emigracion.xunta.es