Concurso de Curtas "Rodando en... donde puedas"

14 Mai 2024

O Conseyu de Mocedá de Xixón (CMX), o Festival Internacional de Cinema de Xixón (FICX) e o Conseyu de la Mocedá del Principau d'Asturies (CMPA) convocan o IX Concurso de Curtas "Rodando en... donde puedas" 2024.

As curtas que se presenten deberán estar realizadas entre xaneiro de 2023 e agosto de 2024. Cada persoa ou colectivo poderá presentar tantas curtas como desexe. O tema será libre. Valorarase que os curtos estean subtitulados en lingua castelá para facilitar que persoas xordas poidan gozar dos traballos presentados. Os subtítulos deberán ir incorporados na curta. A duración máxima de cada curta será de 10 minutos sen contar os títulos de crédito.

A presentación das curtas poderá realizarse medienate o envío por correo postal ao enderezo Conseyu de Mocedá de Xixón. Avenida Manuel Llaneza, nº 68, baixo, 33208 Xixón ou por correo electrónico ao enderezo astragal@cmx.es a través de WeTransfer ou outro medio dixital para o envío de datos.

Requisitos
Poderán participar persoas mozas ou colectivos de entre 16 e 35 anos de toda España. No caso dos colectivos, a persoa que represente ao colectivo e polo menos un 70% dos seus membros deberán cumprir o requisito de ser menores de 35 anos.

Dotación
Premio á mellor curta
Premio do público
Premio á mellor curta asturiana

O prazo de recepción das obras estará aberto entre o 20 de xuño e o 6 de setembro de 2024.

Máis información
https://www.cmx.es
astragal@cmx.es