Benvidos!
QUEN SOMOS
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado somos o departamento da Xunta de Galicia cuxa prioridade é atender ás necesidades e inquedanzas da poboación nova residente en Galicia, crendo firmemente que a xuventude ten moito que achegar á sociedade no seu conxunto.
Queremos que esta web se convirta nun punto de referencia ao servizo da xuventude galega, a través da que os nosos mozos e mozas estén informados de todos os programas e servizos que ofertamos, tanto desde esta Dirección Xeral como desde outros departamentos da Xunta de Galicia e demais organismos e entidades. Aportando, así, o noso gran de area para construir unha sociedade mellor para mozos e mozas.
Traballamos para mellorar a calidade de vida da xuventude da nosa comunidad autónoma, desenvolvendo accións e programas que lles beneficien, incrementen o seu benestar e lles permitan mellorar as súas competencias.
Para o desenvolvemento destas funcións, na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado contamos cos seguinte estructura organica.
Asímismo, na seguinte ligazón poderás comprender mellor a nosa forma de traballar consultando a lexislación que regulan as nosas competencias y actuacións en materia de xuventude:
Benvidos e adiante!