Plan estratéxico de xuventude de Galicia

Que é?


O Plan estratéxico de xuventude de Galicia é un instrumento de planificación previsto e regulado no Título I, Planificación en materia de xuventude, da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia. Debe aprobarse por acordo do Consello da Xunta, e establece...

 

Quen establece as súas directrices?


Será o Comité Galego de Políticas de Xuventude, como órgano colexiado de coordinación interdepartamental e insterinstitucional adscrito á Consellería de Política Social, previsto no Título III da Lei 6/2012, o que estableza as bases que vertebren o Plan estratéxico de xuventude de Galicia, de xeito que se acade...

Consulta máis información sobre o Comité Galego de Políticas de Xuventude.

 

Cales son os seus obxectivos


  • Diagnosticar a situación da mocidade galega e realizar unha análise derivada dos datos obtidos, onde se propoñan solucións aos principais problemas e necesidades da xuventude en Galicia.
  • Servir de instrumento para a toma de decisións políticas, elaborando as liñas estratéxicas e articulando as actuacións prioritarias públicas en materia de xuventude.
  • Establecer unha metodoloxía de traballo transversal que sexa a referencia para o resto de consellerías da Adm AXÚDASNOS A DESEÑAR AS NOVAS POLÍTICAS DE XUVENTUDE?inistración da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para as entidades da Administración local de Galicia.
  • Facilitar a avaliación da efectividade das medidas adoptadas no desenvolvemento das políticas de xuventude, a través de sistemas de indicadores e cadros de mando.

 

Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2018-2020

 

Unha vez rematada a vixencia do Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2014-2016, Xuventude 2016, é necesario consolidar os logros obtidos e dar paso a un novo ciclo, comezando os traballos para a elaboración dun novo instrumento de planificación que, tal e como sinala o artigo 4 da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, establecerá o marco de actuación plurianual nas políticas de xuventude, fixando os obxectivos estratéxicos que deben cumprirse durante a súa vixencia.


O novo plan “será o principal instrumento para alcanzar a transversalidade en materia de xuventude co resto de consellerías da Xunta de Galicia, así como a coordinación coas diferentes administracións públicas que incidan no seu ámbito de aplicación” (Artigo 4 da Lei 6/2012, de 19 de xuño, de xuventude de Galicia).

Consulta aquí a información sobre o lanzamento do plan.

 

WORLD CAFÉ.

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado está a piques de rematar a elaboración do novo Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2018-2020. Este Plan establecerá o marco de actuación plurianual nas políticas de xuventude na nosa comunidade autónoma.

Queremos que o proceso de elaboración do Plan sexa o máis participativo posible e para iso invitamos a todas as persoas e institucións interesadas a participar nunha conversa conxunta. Invitámosvos a un World Café. Anímate e apúntate!

Consulta aquí a información para participar no world café.

 

 AXÚDASNOS A DESEÑAR AS NOVAS POLÍTICAS DE XUVENTUDE?

 

Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016. Horizonte 2020. “Xuventude 2016”

 

A Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, regula no seu Título I a planificación en materia de xuventude, e é o Plan estratéxico de Xuventude o instrumento a través do que se materializa a citada planificación establecendo o marco de actuación plurianual nas políticas de xuventude.

En cumprimento deste mandato, e de acordo co establecido no artigo 4.1 da citada Lei, aprobouse polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión de 16 de abril de 2014, o Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016, Horizonte 2020 Xuventude 2016.


O Plan, que constitúe un instrumento de planificación coordinado, transversal e integral, pensado para atender as necesidades, prioridades e inquedanzas da totalidade dos mozos e mozas galegos, articúlase en 11 eixos, que se corresponden cos sectores básicos de transversalidade previstos na Lei de xuventude de Galicia (Capítulo II do Título I): educación, emprego, creatividade e espírito emprendedor, vivenda, saúde e deporte, participación e asociacionismo, voluntariado, información e formación, mobilidade e turismo, dinamización lingüística e igualdade.

Estes eixos acollen un total de 48 obxectivos operativos e 240 medidas.


O plan conta cun orzamento total de 343.559.478,24 euros, distribuídos nas tres anualidades como segue:

  • 2014: 113.719.113,94 euros
  • 2015: 115.050.244,68 euros
  • 2016: 114.790.119,62 euros

 

Consulta aquí o texto do Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016:

Consulta aquí os informes de seguimento:

 

Plan estratéxico de xuventude de Galicia  2013

 

Consulta aquí o texto do Plan estratéxico de xuventude 2010-2013

Consulta aquí os informes de seguimento do Plan estratéxico