Concurso de Fotografía da Construcción

13 Mai 2024

Archs Constructora organiza o III Concurso de Fotografía da Construcción
Poderá participar calquera persoa maior de 18 anos, residente en España.

Temática
Calquera fotografía do proceso de construción de calquera obra no seu sentido máis amplo, tanto en edificación como en obra industrial, obra civil e reformas ou rehabilitación.
Non se admiten fotos de edificios ou obra acabada.

Dotación
Establécese un primeiro premio de 600 €, un segundo premio de 300 € e un terceiro premio de 150 €. Accésit extraordinario de 300 € para a mellor fotografa presentada por traballadores ou técnicos da construción, que pode sumarse a calquera dos premios ordinarios.

Características das fotografías
Cada concursante poderá presentar unha soa fotografía en formato dixital, que será de realización propia e tomada con data posterior ao 1 de xullo de 2023.

Pode estar editada sempre que o contido da mesma corresponda á foto orixinal. Non se aceptarán fotomontaxes nin a inclusión de elementos gráficos alleos á imaxe orixinal. Non se admiten imaxes creadas con intelixencia artificial.

Para optar aos premios, a fotografía debe cumprir os seguintes requisitos:

Resolución: maior ou igual a 6 MP ≈ 3008x2000 px (se non estás seguro de cumprir este requisito podes enviar a túa foto e informaranche)

Entrega de fotografías ata o 30 de maio de 2024.
Forma de envío: Realizarase cumprimentando o formulario de participación desde a web www.archsconstructora.com

https://es.archsconstructora.com/bases-concurs-fotografia