Bolsas de mobilidade para artistas (STEP Beyond Travel Grant)

14 Mai 2020

As bolsas á mobilidade en Europa (STEP Beyond Travel Grant) destínanse a artistas emerxentes e traballadores da cultura para a exploración e o intercambio de puntos de vista, competencias e inspiración dentro de Europa e nos países veciños.
A Fundación Europea da Cultura apoia proxectos que seguen tres principios fundamentais: desenvolver as capacidades das persoas a través da arte e a cultura, conectar as fontes de coñecemento e crear un vínculo entre a política e a práctica no ámbito da cultura.

Quen pode solicitala?
Artistas ou traballadores da cultura de países europeos ou países veciños. A Fundación Europea da Cultura apoia todas as formas de expresión artística e cultural: música, artes visuais, teatro, danza, cinema, documentais, multimedia, fotografía, deseño, moda e outras iniciativas culturais.

Non hai prazos fixos para o programa "STEP beyond". Podes presentar a túa solicitude ao longo do ano. Asegúrate de presentala como mínimo 50 días antes da túa data de saída!

https://europa.eu/youth/eu/article/41/532_es