Certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2021
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia convoca o programa Xuventude Crea para este 2021 nas seguintes 14 especialidades:
Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Creación de videoxogos, Danza moderna, Deseño de xoias, Fotografía, Graffiti, Moda, Música, Novela curta, Poesía, Teatro, Videocreación.
Premios por cada unha das especialidades:
- 1º premio: 3.000 euros
- 2º premio: 1.500 euros
- 3º premio: 1.000 euros
Ademais dos premios, a convocatoria prevé axudas económicas para as persoas participantes que accedan á fase final de determinadas especialidades e, o que é máis importante, as obras finalistas e premiadas serán obxecto de difusión e promoción aos efectos de visibilizar o talento e a creatividade da mocidade galega.
Se queres participar, aquí podes revisar as bases do certame
Descarga tamén o folleto informativo neste enlace
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 20 de agosto de 2021 a través do seguinte enlace.
A quen vai dirixido?
Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2021.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa
coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti, danza moderna, creación de videoxogos e cociña, a participación será sempre a título individual.
Máis información:
981 541 689 e 981 545 702
xuventudecrea.cps@xunta.gal
Histórico de Premios
Máis información e consultas:
Teléfono: 981 544 645 e 981 544 854 , e-mail: xuventude@xunta.es