Voluntariado en Faenza, Italia

15 Nov 2022

O Corpo Europeo de Solidariedade organiza actividades de voluntariado en Faenza, Italia, coordinadas pola asociación SEMI. Buscan a 6 voluntarios/as para participar en 3 proxectos diferentes en Italia cunha duración de 8,5 meses, de febreiro a outubro de 2023:

Actividade 1: Aprender é divertido (centro de apoio ao estudo, actividades extraescolares, talleres nas escolas)

Actividade 2: Creatividade internacional (promoción de oportunidades europeas, actividades sociais xestión de medios, proxectos locais e internacionais)

Actividade 3: Mocidade Internacional (apoio ao Centro de Información Xuvenil, redes sociais, proxectos locais e internacionais)

Aloxamento, alimentación e transporte

Propoñen 3 aloxamentos diferentes no centro da cidade de Faenza, cada un deles a non máis de 10 minutos a pé da praza principal ou lugares de actividades, a 20 minutos da estación de tren. Cada un dos aloxamentos está completamente amoblado e ten cociña en pleno funcionamento. Ofrécense 300 euros cada mes como diñeiro de peto e comida. A organización promove as viaxes ecolóxicas: garante que cada voluntario reciba acceso ao sistema de bicicletas compartidas da cidade.

Formación durante a actividade

Todos os voluntarios/as recibirán capacitación específica para tarefas, talleres de comunicación semanais e inscribiranse na capacitación de avaliación á chegada e de metade de período. Os voluntarios recibirán acceso á plataforma de aprendizaxe de idiomas.

Requisitos

Buscan a 6 voluntarios entre 18 e 30 anos. Non se seleccionan aos voluntarios segundo coñecementos previos ou experiencia senón só segundo motivación. Tampouco se selecciona por xénero, orientación sexual, etnia, ingresos. Polo que se lle dará moita importancia á carta de motivación, a cal se adxuntará a través do seguinte formulario de inscrición.

 

Máis información

Infopack

Formulario de inscrición