Punto de intercambio de libros en Cambre

01 Dec 2023

Dende a Omix de Cambre, agora que empeza a refrescar, propóñenvos algo sinxelo, collede un libro e desfrutade tranquilamente da lectura.

Para elo a partir do 1 de decembro, poñen en marcha un ¨Punto de Intercambio de Libros¨ situado en Casa Arrigada.

Desta forma abren unha nova porta á lectura e ao seu desfrute tanto na Casa da Xuventude coma na propia casa de cada un. Este servizo permite a calquera persoa nova deixar aqueles libros que non lee para que outro lector poida beneficiarse desta iniciativa gratuíta.
Ademais dentro do propio espazo da Casa Arrigada habilitaran o novo ¨Espazo Lector¨, un punto tranquilo e con vistas ao exterior da Casa no que ler os martes e xoves pola tarde.

Neste punto deposítanse libros xa lidos, e compartiranse con outros o pracer da lectura que nos proporcionou ao cubrir un marcapáxinas cas estrelas (entre unha e cinco) que representarán a vosa valoración, acompañadas dunha pequena explicación do por que desta. Ademais podedes retirar os libros que outra persoa teña deixado. Desta maneira dáselle unha segunda vida a libros con diversas historias que contar e leccións que dar, aportando satisfacción a moitos lectores diferentes, ampliando á vez a oferta de material dende Casa Arrigada, pudiendo agora tamén, ademais de xogar ao futbolín, pin-pon, xogos
de mesa…, sentarte a ler.

Normas de uso:
- As persoas usuarias do servizo deben ter entre 12 e 30 anos de idade.
- A persoa interesada debe escoller libros da súa casa que xa teña lido. Non se admitirán libros de texto, enciclopedias, coleccións ou libros que poidan resultar ofensivos ou ir en contra dos dereitos de grupos minorizados. Un máximo de 4 libros por persoa de cada vez.
- O proceso sería o achegamento ao punto de intercambio, cubrir o formulario e deixar o libro en cuestión para o desfrute de outros.
- O libro que se deixe debe estar en bo estado de conservación.
- Unha vez deixado o libro ou libros, levarán un vale que poden trocar para levar algún dos libros dispoñibles.

OMIX - Casa Arrigada
Ctra. da Estación, 52
15660 Cambre (A Coruña)
Tel.: 981 61 31 70
www.cambre.es