Concurso de Fotografía PhotoLar25

14 Mai 2024

Gráficas Lar convoca o Concurso de Fotografía PHOTOLAR25 para o seu calendario do ano 2025.

As galerías constarán de 12 fotografías. Indicarase no nome de cada unha das imaxes o mes para o que se propón. Polo tamaño do calendario as fotos deberán ser en formato horizontal e en cor. O tema será "voar" (Todo aquilo que voe de forma artificial: avións, voo libre, globos, paracaidismo,...) As fotos poden ser remitidas en calidade web (72 dpi) e mesmo con marca de auga do autor.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo calendario@graficaslar.es

Requisitos
Poderán presentarse todas as persoas maiores de idade que o desexen. As persoas menores de idade que desexen concursar deberán encher a autorización do pai, nai ou titor unha vez que a súa galería fotográfica (12 fotos) fose preseleccionada para a súa valoración final poloxurado.

Dotación
Premio único: 300 €

O prazo de recepción das galerías estará aberto ata o 30 de xuño de 2024.

Máis información
https://www.libroslar.com
calendario@graficaslar.es