Correspondentes Xuvenís do IES Castro Alobre de Vilagarcía

27 Dec 2023

O equipo de Correspondentes Xuvenís do Castro Alobre, un ano máis, deron as badaladas e desexaron a toda a comunidade educativa un feliz 2024. No seu discurso destacaron a necesidade de ollar cara ao futuro e manter a ilusión e a motivación no próximo ano.

https://www.youtube.com/watch?v=hbqTYBq4-Kg 

Ademais das badaladas, os e as Correspondentes Xuvenís, xunto co Equipo da Biblioteca, organizaron unha Xincana na que participou todo o alumnado de 1º e 2º da ESO. As probas que tiñan que realizar ían orientadas a coñecer tradicións da nosa cultura e tamén das outras culturas presentes no centro. Este é sempre un dos obxectivos das actividades, establecer un diálogo enriqueceder entre todas as comunidades culturais e lingüísticas.

https://www.youtube.com/shorts/Ut1NPI6XfpE 

E que mellor forma de establecer un diálogo intercultural que con música e baile? Adrián e Kimberly (Venezuela) co apoio de Leandro (Dominicana) ofreceron unha parte dos seus países de orixe e converteron a pista nun encontro de culturas onde todos e todas deron o seu mellor.

https://www.youtube.com/shorts/miO6me447ho 

Parabéns polo traballo do equipo de Correspondentes Xuvenís!

instagram https://www.instagram.com/correspondentescastro/