Cartel de Chica Atomika Cartel de Chica Atomika

Certame de Relato Vigo Histórico

15 Mai 2024

Editorial Elvira convoca o XI Certame Nacional de Relato Vigo Histórico.

O tema será libre. A acción ten que transcorrer en Vigo, sendo a cidade parte transcendental do relato, un elemento destacado, como o son os personaxes ou a trama.

As obras serán inéditas, non premiadas en ningún outro concurso, non publicadas en soporte físico e/o dixital, nin suxeitas a compromiso de edición.

Unha vez que o relato fose admitido para concursar no certame, non se poderá dispoñer del.

Admitirase só un texto por autor/a, cunha extensión máxima de 4 caras ou ben o equivalente a 8.000 caracteres con espazos, en formato DIN A4, tipo de letra Time New Roman, tamaño de fonte 12 e interlineado 1,5.

As obras teñen que ser presentadas en formato Word e serán rexeitadas todas aquelas que incumpran estes requisitos.

Os orixinais deberán presentarse por correo electrónico á seguinte dirección: certamenvigohistorico@gmail.com

prazo de presentación dos relatos estará aberto ata o 30 de xuño de 2024.

Poderá participar no certame calquera persoa maior de idade, de calquera nacionalidade e residente en España ou no estranxeiro, con obras escritas en castelán ou en galego.

Premios:
- O 1º premio consistirá en 1.000 € e un lote de libros pertencentes a Editorial Elvira, valorado en 200 € e composto por unha colección de poesía e prosa.
- O 2º premio consistirá en 500 € e un lote de libros pertencentes a Editorial Elvira, valorado en 200 € e composto por unha colección de poesía e prosa.
- Cada accésit terá un premio de 200 € e un lote de libros pertencentes a Editorial Elvira, valorado en 200 € e composto por unha colección de poesía e prosa.
- Os gañadores/as, os autores/as galardoados/as con accésit e o resto dos autores/as seleccionados/as para publicación recibirán dous exemplares gratuítos do libro resultante.

Máis información: https://editorialelvira.com/convocatoria-xi-certame-de-relatos-vigo-historico/