Primavera Xove 2024

21 Feb 2024

A Xunta de Galicia pon en marcha a terceira edición do programa Primavera Xove, co fin de ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega, así como un recurso de coidado para as familias galegas durante a Semana Santa e distintas fins de semana nos meses de marzo e abril, en instalacións da Xunta de Galicia.

Trátase dunha actuación da Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.

O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda adxudicada.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

As actividades comezarán a partir do 8 de marzo.

Ofértanse 580 prazas en 29 quendas, nos 6 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións.

A cota de participación será de 25 euros para as actividades de fin de semana e de 75 euros para as quendas de Semana Santa.

Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros ou 56,25 euros

O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan,tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comeza o día 22 de febreiro ás 10.00 horas e será mediante o formulario en liña dispoñible nesta web.

No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

 

 

 

Consulta aquí a toda a información do programa

NOTA INFORMATIVA: O folleto publicado inicialmente contiña un erro na descrición das actividades de Semana Santa do programa 4. LUGO TECH. As actividades do programa son as que figuran no folleto actual.

AVISO: Por motivos de seguridade no programa 6 “Natureza interior”, nas vindeiras quendas e ata novo aviso, substitúese a actividade de barranquismo pola de rafting no Río Ulla, dado que as actuais condicións meteorolóxicas fan impracticable a actividade inicialmente programada.