Cursos da Primavera Cultural da USC

02 Abr 2024

Cursos da Primavera Cultural da USC

O programa ‘Pegadas no muro. Relatos e proxectos de arte urbana’, xurde en resposta ao grande apoxeo que está a experimentar nos últimos anos en Galicia este fenómeno artístico e social.

O programa desta nova edición do Curso de Primavera da USC conta tamén coa participación de docentes e persoal investigador da USC, que achegará a súa particular visión sobre a arte urbana.

Todas as persoas inscritas nesta actividade tamén poderán participar nunha conversa-taller coa artista Doa Oa, así como nun roteiro polos murais de Lugo, guiado por Elena Freire.

Datas: 10 ao 12 de abril na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC.

A inscrición nesta actividade e libre e de balde para todo o público interesado, que pode formalizar a súa matrícula a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es

Máis curso e actividades da USC: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/primavera-cultural