Letras galegas no Gaiás 2024

10 Mai 2024

Letras galegas no Gaiás 2024

En maio no Gaiás organiza varias actividades para festexar as Letras Galegas e achegar a toda a cidadanía o legado literario provocador e comprometido de Luísa Villalta.

Sábado 11 Maio Lectura compartida. Achégate ao Gaiás para poñerlle voz aos versos de Villalta a partir da escolma realizada pola poeta Oriana Méndez.

Sábado 11 Maio Fantoches Baj chega á Biblioteca de Galicia cunha divertida proposta de monicreques para público familiar: «Isaura e Tristán. Contastorias».

A partir do 16 de Maio Poderás descubrir algúns dos fondos que atesoura a Biblioteca de Galicia na exposición «Luísa Villalta: a memoria dos sons»

Sábado 25 de Maio Vero Rilo, Monica de Nut e Nuria Vil representan no Gaiás Indóciles: un espectáculo onde poesía, música e narración oral van da man para explorar o mundo creativo da Luísa Villalta máis rebelde e versátil.


O Gaiás celebrará o Día Internacional dos Museos cun programa de visitas comentadas especiais arredor de Tesouros reais.
Obras mestras do Terra Sancta Museum. Da man de Miguel Ángel Cajigal,descubriremos o que non se ve dunha grandes exposicións do Museo Centro Gaiás: o proceso.
Coñeceremos os complexos procedementos de produción e montaxe, ao tempo que afondaremos nunha escolma de 'tesouros' da mostra, especialmente elixidos para esta visita.

Máis información:
www.cultura.gal