Probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores

25 Abr 2024

A Xunta de Galicia convoca as probas de acceso ás seguintes ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2024/25:

- Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática
- Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais
- Ensinanzas artísticas superiores de Deseño
- Ensinanzas artísticas superiores de Música

Requisitos comúns:
Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación das correspondentes probas específicas.
- A proba específica de acceso levarase a cabo para cada especialidade e itinerario, cando proceda, e terá como finalidade valorar a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba. Para o acceso a ensinanzas artísticas superiores de Música a idade mínima admitida para a realización desta proba será de dezaseis anos.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 21 de maio de 2021

As solicitudes cubriranse de xeito telemático completando o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365

Datas
A proba para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 30 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática: na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, rúa da Poza Cabalo, s/n, Vigo, e terán lugar a partir do día 8 de xullo.

Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais: na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, rúa do Xeneral Martitegui, s/n, Pontevedra, o día 5 de xullo.

Ensinanzas artísticas superiores de Deseño:
As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o día 25 de xuño, inclusive.
As probas específicas realizaranse o día 5 de xullo nas catro EASD de Galicia.

Ensinanzas artísticas superiores de Música:
As probas específicas de acceso a cada especialidade e itinerario comezarán a partir do día 10 de xuño no Conservatorio Superior de Música da Coruña, rúa de Manuel Murguía, 44 ou no Conservatorio Superior de Música de Vigo, rúa de Manuel Olivié, 23, dependendo da especialidade.

Máis información no DOG do 25 de abril de 2024 e en https://www.edu.xunta.gal/eas/