Xornadas CRUE Internacionalización e Cooperación

30 Abr 2024

As XXI Xornadas CRUE Internacionalización e Cooperación celebraranse a vindeira semana na Cidade da Cultura organizadas polas tres universidades públicas galegas.

En dúas xornadas, os días 6 e 7 de maio, esta xuntanza abordará, entre outras cuestións, os desafíos actuais das universidades no ámbito da internacionalización da educación superior, o impacto académico das Alianzas de Universidades Europeas ou a mobilidade inclusiva, así como as diversas facetas nas que as universidades poden contribuír substancialmente á Cooperación ao Desenvolvemento.

O encontro permitirá igualmente compartir casos de boas prácticas e avanzar no deseño de novas iniciativas que permitan ampliar o potencial de internacionalización e cooperación das Universidades para ter capacidade de adaptación ás necesidades dun entorno globalizado e en constante transformación.

Máis información: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/xornadas-crue-internacionalizacion-cooperacion-desenvolveranse-compostela-vindeira-semana