Museo dixital de Xuventude Crea

14 Set 2022

Lembra que podes visitar o museo dixital do programa Xuventude Crea  

A través da web www.museoxuventudecrea.gal pódese acceder ás obras premiadas, desde 2018, nas distintas categorías deste certame de creación xuvenil, que recoñece a creatividade, a orixinalidade e o enxeño dos mozos galegos nun amplo abano de disciplinas.

Este novo espazo difunde os traballos premiados ao longo do programa en todas as súas especialidades, 14 actualmente: arte urbana, artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación. 

O obxectivo principal desta nova web é incrementar as oportunidades destes mozos e mozas para continuar a súa carreira artística de cara a abrirlles novas portas en salas de concertos, museos, teatros ou auditorios, por exemplo. De feito, esta non é a única estratexia de difusión do talento da mocidade realizada pola Administración autonómica, que tamén ten en marcha unha exposición itinerante cos mellores traballos presentados a este programa para promover por toda Galicia o talento xuvenil.

MUSEO XUVENTUDE CREA