A Fundación ONCE co fin de contribuír á igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade convoca axudas para cursos e estancias de entre 4 e 12 semanas de duración para estudar idiomas no estranxeiro. As bolsas para estancias de catro semanas son de 2.000 €, mentres que as de 12 ascenden a 6.000 €.
Todas elas cobren a formación en inglés, francés ou alemán a través de cursos que deberán desenvolverse entre o 15 de febreiro e o 31 de decembro deste ano e que haberán de ter unha carga lectiva de “polo menos 20 clases semanais dun mínimo de 40 minutos cada unha”.
Para quen?: Mozos e mozas de 18 a 29 anos de nacionalidade española con discapacidade legalmente recoñecida de polo menos o 33% e incritos/as en Garantía Xuvenil.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2021
https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasCursoIdiomas.aspx
A Oficina Económica e Cultural de Taipei en España convoca as Bolsas Huayu para cursar estudos de chinés mandarín, un total de 16 bolsas destinadas a alumnado que teña a nacionalidade española. As bolsas teñen unha duración mínima de seis meses e unha duración máxima dun ano na República de China (Taiwan), todos as bolsas comezan a partir do 1 de setembro de 2021.
Requisitos:
As bolsas concederanse a persoas maiores de 18 anos, con nivel educativo mínimo de bacharelato e de nacionalidade española.
Contía:
A achega mensual da bolsa será ao redor de 735 euros mensuais dependendo da asistencia e a cualificación dos bolseiros durante os cursos. Tanto o billete ida e volta de avión como outros gastos durante o período da bolsa, tales como o aloxamento, a comida, o transporte e o seguro correrán a cargo dos propios bolseiros.
Hai dous tipos de bolsas:
Catro bolsas dun ano: desde o 1 de setembro de 2021 ata o 31 de agosto de 2022.
Doce bolsas se seis meses: desde o 1 de setembro de 2021 ata o 28 de febreiro de 2022.
Prazo: 31 de Marzo de 2021.
As Escolas de Verán de Estudos Eslavos son cursos de estudo organizados por varias universidades públicas da República Checa. Os cursos se levan a cabo anualmente durante os meses de verán (xullo, agosto e setembro). A súa duración varía de 3 a 4 semanas.
As escolas organizadoras ofrecen cursos de checo en varios niveis de competencia, seminarios selectivos centrados na literatura, a cultura e a historia checas, actividades de lecer que inclúen representacións de teatro, música e danza, excursións, visitas turísticas, etc.
Os cursos están abertos a todos aquelas persoas maiores interesados na lingua, a literatura, a historia e a cultura checas.
España queda excluida temporalmente, durante 2021, da oferta de bolsas do goberno Checo debido á Covid-19. Mantense a oferta privada de cursos: https://www.mzv.cz/madrid/es/cultura_becas_cursos/educacion/becas/becas_para_las_escuelas_de_verano_de.html
Prazo: 31 de marzo de 2021.
https://sdv.msmt.cz/eu-and-international-affairs/summer-schools-of-slavonic-studies
O Banco Santander e British Council están a lanzar un novo programa de Bolsas Santander Languages - English Courses - British Council.
Este programa conta con 5.000 bolsas para que maiores de 18 anos accedan aos cursos de inglés en liña que imparte a institución educativa e cultural británica.
Pode axudarche a mellorar a túa empregabilidade e para un futuro profesional, xa que; ensinarache coñecementos para interactuar no mundo laboral.
A duración do curso será de 3 meses. Unha vez finalizado o curso consiguirás un certificado que o acredite.
Prazo: 14 de abril de 2021
https://www.becas-santander.com/es/program/languages-english-courses-british-council
O Goberno de Indonesia convoca as bolsas Darmasiswa destinadas a estudantes interesados en aprender o idioma oficial bahasa e profundar na arte e a cultura deste país asiático.
As axudas poderanse gozar durante o próximo curso 2019/2020 nalgunha das 71 institucións oficiais de educación superior de Indonesia e cubrirán un período dun ano completo.
Os aspirantes elixidos recibirán unha asignación mensual que oscilará entre as 2.950.000 rupias (uns 230 euros) e as 2.550.000 rupias (uns 180 euros), en función da cidade de destino que escolla cada un.
Ademais disto, todos os estudantes terán dereito a recibir o aloxamento e o transporte durante o programa de orientación previo ao goce destas bolsas e que terán lugar na capital, Iacarta, durante o mes de agosto, segundo recollen as bases desta convocatoria.
Para poder aspirar a unha destas bolsas é necesario proceder dun país que manteña relacións diplomáticas con Indonesia, así como ter estudos de Educación Secundaria ou equivalentes.
Tamén é obrigatorio ter unha idade mínima de 17 anos e unha máxima de 35 anos no momento de solicitar estas bolsas, e contar con estudos de Educación Secundaria ou equivalentes.
Así mesmo, o dominio do inglés é outro dos requisitos indispensables para poder acceder a unha destas axudas, xa que a maioría de institucións de educación superior do país imparten as súas clases neste idioma.
O prazo para as Bolsas Darmasiswa: 1 de marzo. (Convócanse todos os anos)
http://embajadaindonesia.es/now-open-darmasiswa-scholarship-20192020/
A Axencia Letona para o Desenvolvemento da Educación Pública convoca bolsas de estudo e investigación para o ano académico 2019/2020 así como bolsas para escolas de verán 2019.
O prazo estará aberto ata o 1 de abril de 2019
http://viaa.gov.lv/eng/international_cooperation/scholarships_gov/latvian_scholarships/
O Ministerio Educación Superior e Ciencia de Dinamarca convoca todos os anos bolsas para realizar no verán cursos de danés en Dinamarca, ás que poderán optar estudantes matriculados en licenciatura, mestría ou doutoramento.
A duración dos cursos é de tres semanas, impartidas no verán durante os meses de xullo e agosto, cun mínimo de tres horas ao día de formación no idioma danés, que están acompañadas de excursións e actividades culturais. Isto permite aos estudantes coñecer o idioma á vez que coñecen a cultura danesa e o país.
Prazo: abrése no mes de febreiro habitualmente
A través do Instituto Balassi é posible estudar Húngaro nas 23 delegacións que este instituto ten abertas en 21 países diferentes.
O programa "Vulcanus en Xapón" foi creado en 1997 polo Centro para a cooperación industrial UE-Xapón e ofrece prácticas profesionais a estudantes da UE que consisten nun seminario dunha semana en Xapón, un curso intensivo de xaponés de catro meses e unhas prácticas nunha empresa xaponesa durante oito meses.
Podes solicitalo?
Para poder solicitalo debes ser cidadán dun país da UE e estudante universitario a partir do terceiro ano de enxeñería ou ciencias nunha universidade da UE: informática, enxeñería, enxeñería mecánica, química, electrónica, biotecnoloxía, enxeñería eléctrica, física, telecomunicacións, información, enxeñería nuclear, enxeñería civil, materiais metálicos, cerámica, sistemas de produción, etc.
O programa empeza en setembro e termina en agosto do ano seguinte. Ten por obxectivo mellorar e fomentar a cooperación industrial e a comprensión mutua entre Xapón e a UE. Ten en conta que se tes a obrigación de facer un ano de prácticas, o programa Vulcanus pode estar recoñecido como parte do teu currículo universitario ou como un ano sabático.
Como o solicitas?
Só tes que enviar a solicitude e esperar a que che seleccionen. Avaliaráseche en función das túas cualificacións académicas, as recomendacións dos teus profesores, os teus coñecementos de inglés, a túa motivación, a túa actitude con respecto ás relacións entre a UE e Xapón e a túa habilidade para adaptarche a unha cultura diferente.
Financiamento
O programa está financiado polo centro UE-Xapón para a Cooperación Industrial e as empresas xaponesas de acollida. Os estudantes reciben 2 millóns de yenes para cubrir a viaxe de ida e volta e os gastos de estancia. O curso de idiomas e o seminario son gratuítos e os estudantes tamén reciben aloxamento durante todo o período.
Prazo: son bolsas anuais e normalmente ábrese a convocatoria durante o mes de xaneiro
O Ministerio francés de Asuntos Exteriores concede bolsas do goberno francés para cursar estudos, realizar prácticas ou estancias lingüísticas en Francia. Os Servizos de Cooperación e Acción Cultural das embaixadas e dos consulados xerais de Francia no estranxeiro conceden a maioría destas bolsas.
https://www.diplomatie.gouv.fr/es/venir-a-francia/estudiar-en-francia/estudiar-en-francia-becas/