O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.
O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.
O programa estrutúrase nas seguintes categorías:
- Categorías escolares (ESO e Bacharelato)
Nestas dúas categorías, poderán participar os centros educativos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e 1º e 2º de Bacharelato.
Os equipos inscritos estarán formados por 4 alumnos/a e un/unha profesor/a que será o/a corrdinador/a. En total poderán participar 48 equipos (24 por cada categoría).
O programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán 8 equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, desenvolverase un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado.
- Categoría de Universidades:
Destinada aos mozos e mozas estudantes de grao dos sete campus universitarios das tres universidades galegas matriculados/as no curso académico no que se convoca o programa.
Nesta categoría, que non ten fase clasificatoria, poderán participar un máximo de 8 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 estudantes e un máximo de 4.
Fase de formación
Previamente ao inicio dos debates da fase clasificatoria realizaranse unhas xornadas de formación. As datas e lugares de realización das xornadas de formación serán comunicadas aos equipos inscritos con antelación suficiente.
PARLAMENTO XOVE 2021 - 12ª EDICIÓN
Xa está aberta a convocatoria para a duodécima edición do Parlamento Xove correspondente ao curso 2020-2021. Descarga o Regulamento do programa para a coñecer todo o necesario sobre o proceso de inscrición e a competición.
CALENDARIO PARLAMENTO XOVE 2021 |
||
Envío do formulario de participación |
Do 10 de decembro de 2020 ata o 15 de xaneiro de 2021 |
|
Envío do formulario de inscrición e documentación |
Desde adxudicación de prazas ata: - 22 de xaneiro (ESO e Bach) - 22 de febreiro (Universidade) |
|
Fase clasificatoria de ESO e Bacharelato |
Febreiro/marzo 2021 |
|
Fase final das tres categorías |
Abril/maio 2021 |
Debería un estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación?
Formulario de participación (aberto desde o 10 de decembro de 2020 ata o 15 de xaneiro de 2021):
Formulario de inscrición e documentación
Unha vez confirmadas as prazas pola organización, os equipos deberán enviar o formulario de inscrición e a documentación complementaria ao correo electrónico
- Para centros escolares: ata o 22 de xaneiro de 2021.
- Para Universidades: ata o 22 de febreiro de 2021.
Modelos:
FASE CLASIFICATORIA
Unha vez rematada a fase de formación, a fase clasificatoria das categoría escolares terá lugar nas seguintes datas:
- ESO: sábado, 6 de marzo. O venres día 5 terá lugar o sorteo dos cruces entre os equipos participantes, que se publicarán neste enlace.
- Bacharelato: sábado, 13 de de marzo. O venres día 12 terá lugar o sorteo dos cruces entre os equipos participantes, que se publicarán neste enlace.
Consulta as túas dúbidas no correo parlamentoxove.xuventude@xunta.gal ou nos teléfonos 981 545 702 e 981 541 689.
Entra en flickr.com/photos/xuventudevoluntariado e atoparás todos os álbumes das diferentes edicións d o programa Parlamento Xove.