Novas e actividades (1293)

A Comisión Europea presentou a convocatoria de propostas 2024 de Erasmus+, o programa da UE de apoio á educación, a formación, a mocidade e o deporte así como a guía que regula a xestión do programa.


As datas límite para a presentación dos proxectos durante 2024 serán as seguintes:

20 de febreiro: Acción crave 1 (KA1)
Intercambios xuvenís
Proxectos de mobilidade para traballadores no ámbito da mocidade
Actividades de participación xuvenil
Acción de inclusión de DiscoverEU
Mobilidade do persoal no ámbito do deporte

5 de marzo: Acción crave 2 (KA2)
Asociacións de cooperación
Asociacións a pequena escala

1 de outubro: Acción crave 1 (KA1)
Intercambios xuvenís
Proxectos de mobilidade para traballadores no ámbito da mocidade
Actividades de participación xuvenil
Acción de inclusión de DiscoverEU
Mobilidade do persoal no ámbito do deporte

1 de outubro: Acción crave 2 (KA2)
Asociacións de cooperación
Asociacións a pequena escala

Admisibilidade
Calquera entidade pública ou privada que traballe no ámbito da educación, a formación, a mocidade e o deporte poderá solicitar financiamento no marco do programa Erasmus+.
Ademais, os grupos de mozos/as que traballen no ámbito da mocidade, aínda que non sexa necesariamente no marco dunha organización xuvenil, poderán solicitar financiamento para a mobilidade educativa de mozas ou de traballadores do ámbito da mocidade, para actividades de participación xuvenil e para a Acción para a Inclusión de DiscoverEU.

Consulta a guía 2024 do programa Erasmus+: https://erasmus-plus.ec.europa.eu/erasmus-programme-guide

Convocatoria: https://eur-lex.europa.eu/legal-content/ES/TXT/PDF/?uri=OJ:C_202301262

Máis información sobre Erasmus+: https://erasmus-plus.ec.europa.eu/es/about-erasmus/what-is-erasmus

O Concello de Lugo e a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) organizan a exposición Literatura e videoxogos. Será no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) durante dous meses: dende o 5 de decembro até o 9 de febreiro.

A exposición contará con máis de 20 sistemas de videoxogos e outros tantos títulos interactivos de tódalas épocas (incluíndo xogos creados en Galicia) que convivirán durante máis de 2 meses cunha vintena de obras literarias para o entendemento da súa relación.

Haberá actividades divulgativas gratuítas especialmente deseñadas para centros de ensino, en exclusiva e durante varias xornadas en horario de mañá en forma de visitas guiadas con contidos didácticos sobre a mostra nos propios espazos expositivos do MIHL.

A mostra poderase visitar polas tardes durante a semana (de 16:30h a 19:30h) e as fins de semana tamén pola mañá (de 10:00h a 14:00h e de 16:30 a 19:30h). As reservas para centros de ensino poderán facerse a través do correo info@muvi.gal ou no teléfono 986 112 931 de luns a venres de 9 a 14h.

Museo do Videoxogo: https://muvi.gal/
Museo Interactivo da Historia de Lugo: https://museoslugo.gal/museo-interactivo-de-historia

Amores que molan

Dec 04, 2023

Dende a Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña organizan no Espazo Xuvenil das Naves do Metrosidero "Amores que molan” dentro do programa "Pílulas formativas: Xoves de achegas na Nave 03". Unha experiencia mensual de aprendizaxe colaborativa sobre temas de interese, mediante dinámicas de experimentación en pequenos grupos.

Modera a actividade "Amores que molan": Cooperativa de Educación e Lecer Aventeira. Esta acción está enmarcada dentro do proxecto "Lentes Violetas" que está subvencionado pola Deputación da Coruña.

Data: 21 de decembro de 2023
Lugar: Espazo Xuvenil das Naves do Metrosidero
Inscricións: ata o 19 de decembro
Horario: 19:00 h.
Duración: 1 hora.
Idade: entre 12 e 30 anos.
Persoas menores de 18 anos, precisan autorización asinada con copia do Documento Oficial de Identidade (DNI, NIE, pasaporte) de quen autoriza.

Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Teléfono: 981 184 294
Whatsapp: 606 362 366
Enderezo electrónico: cmix@coruna.gal

Inscricións

#aquítaménsefala é unha campaña de dinamización lingüística da mocidade estudiantil, con accións directas na contorna do alumnado. Este proxecto comezou no IES Rafael Dieste da cidade da Coruña e agora esténdese por diversos centros galegos.

Ademais, #aquítaménsefala pon especial atención á música e á cultura galega realizando gravacións e entrevistas que se divulgan nas redes sociais.

Tes toda a información premendo na seguinte ligazón:
https://aquitamensefala.com/ 

A Xunta de Galicia pon ao teu alcance un mapa de recursos que che ofrece información de xeito intuitivo e sinxelo para que poidas participar e beneficiarte de todos os recursos que os distintos departamentos do Goberno autonómico poñen a túa disposición en ámbitos como:

- Educación

- Formación e emprego

- Igualdade

- Mobilidade

- Vivenda

- Información Xuvenil

- Ocio educativo e tempo libre

Mapa de Recursos para a xuventude poderás descargalo premendo no seguinte enlace: 

MAPA DE RECURSOS

 

Andas a facer plans para a ponte de Decembro? O Injuve proponche un feixe de ideas para que aproveites o Carné Xove desfrutando da neve ou viaxando.

Clicka a na seguinte ligazón e entérate de todo!
https://www.injuve.es 

Dende o 27 de novembro, a Rede Museística Deputación de Lugo impulsa o programa CoidArte. Trátase dunha iniciativa de Museoloxía Social con actividades que van dende exposicións, webseries ou obradoiros que percorrerán os catro centros.

O Museo de Lugo acollerá un curso de Ioga e Arte, os martes e xoves de 11 a 12:30 e os venres dende as 18:30 ás 20 horas, para o que non é necesario inscrición previa.

O 18 de decembro, coincidindo co Día do Migrante, realizarase unha presentación da web serie “Ronsel de futuro. Historias Soterradas”, ás 19 horas no Museo de Lugo. Tamén nesta xornada se presentará, na Sala Multiusos do Museo “Mulleres nas aldeas. Culturas en Diálogo”, que busca centrar a atención nas mulleres inmigrantes que traballan no rural coidando.

Dende o 19 de decembro ata o 1 de marzo, Adra Pallón expón “Intrahistorias: Luz entre as cinzas” nos 4 museos da Rede. As fotografías, realizadas nos últimos 5 anos, reflicten o día a día dos lucenses en distintas realidades.

A programación péchase con obradoiros nos catro museos da Rede Museística centrado nun público
infantil ou familiar:

– Somos Capaces, somos diversxs: 2 de decembro no Museo do Mar (Cervo)
– Camiños de Volta Museo Provincial do Mar: 6 de decembro no Museo do Mar (Cervo)
– Un Nadal para xogar: 22 de decembro na Fortaleza Dan Paio de Narla (Friol)
– Obradoiro de Nadal ARTE-sa: 27 de decembro no Museo do Mar (Cervo)
– A luminaria no Pazo de Tor: 27 de decembro no Pazo de Tor (Monforte)

Máis información
https://comunidadermpl.gal/ 

b452Hai 45 anos, o 6 de decembro de 1978, a Constitución naceu como un símbolo de igualdade e liberdade.

 

A Constitución é de todas e para todas as persoas. É esencial que o conxunto da cidadanía, especialmente as persoas máis novas, coñezan, valoren e sintan a Constitución como un texto que pertence a todas as xeracións.

 

Con este obxectivo, e con motivo do 45 aniversario da súa promulgación, o Goberno de España impulsou unha campaña, composta dun anuncio publicitario e unha edición ilustrada da Constitución, elaborada xunto ao ilustrador Óscar Alonso, coñecido como 72 quilos, para achegar o texto constitucional ás persoas máis novas.

A Constitución é o instrumento co que as próximas xeracións afrontarán retos, ampliarán dereitos e conquistarán novos logros.

 

A Constitución é para ti.

A Xunta de Galicia pon en marcha Nadal en Rede 2023 con seis propostas distintas de música, teatro, monicreques e contadas que chegarán a 41 entidades diferentes da Rede de Dinamización Lingüística.

buxia2

A viaxe feliz de Ramón Sanfiz

Proposta da compañía Fantoches Baj dirixida a público familiar e adulto dedicada a Francisco Fernández del Riego, en cuxo libro Galicia se basea esta peza teatral.

Rodeiro, Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”: 1 de decembro ás 11.00 h
Boborás, Edificio Sociocultural: 1 decembro ás 17.00 h
Moaña, alto da praza de abastos: 3 decembro ás 17.00 h
Xermade, Casa Habanera de Roupar: 6 de decembro, ás 17.00 h, Casa habanera de Roupar
Vila de Cruces, Auditorio: 10 de decembro, ás 17.00 h
Santa Comba, Casa da Cultura: 17 decembro, ás 17.30 h
Mondoñedo, Casa da Cultura: 24 decembro, ás 12.00 h
Cariño, Casa da Cultura: 26 decembro, ás 18.00 h
Fene, Casa da Cultura: 26 decembro, ás 12.00 h
Bóveda, no Centro Sociocultural: 27 decembro, ás 17.00 h


Palabras

A compañía Baobab Teatro presenta unha proposta dirixida a nenos e nenas entre 1 e 8 anos e ás suas familias. Palabras parte do eixe principal das lerias e enredos da nosa tradición oral, que xa contaban os nosos tataravós, bisavós, avós... Desde aí, viaxa a través da música, dos xogos e das historias tradicionais que as familias asistentes aprenderán para continuar xogando cos seus fillos na casa unha vez finalizado o espectáculo.

Padrón, Auditorio Municipal: 15 de decembro ás 18.00 h
Mos, Auditorio do Pazo de Mos: 16 de decembro ás 19:00 h
Sanxenxo, Pazo Emilia Pardo Baán: 22 de decembro ás 17:30 h
Pobra de Trives, Auditorio Julio Vázquez: 23 decembro ás 17:00 h
Cee, Auditorio da Casa da Cultura: 26 de decembro ás 11:00 h
O Corgo, Centro Sociocultural: 27 decembro ás 12:30 h
Monterroso, Espazo Cultural Lorenzo Varela: 28 de decembro ás 12:00 h
Baiona, Praza do Concello: 30 de decembro ás 12:00 h


Contos no Nadal

A contadora Ángeles Goás chega ao Nadal en Rede para ofrecernos a oportunidade de mergullar na escoita de historias de chemineas, nevaradas, agasallos, segredos...

Brión, Casa da Cultura: 2 de decembro ás 12:00 h
Gondomar, Auditorio Municipal LoisTobío: 9 de decembro ás 18:00 h
A Fonsagrada, Salón de Actos Municipal dos Chaos: 28 de decembro ás 18:00 h
Oroso, Auditorio do Centro Cultura Fernando de Casas Novoa: 29 de decembro ás 11:30 h
San Cristovo de Cea, Edificio Multiúsos: 30 de decembro ás 17:00 h


De ida e volta

A compañía en Branca e Negra (Amor Herrera e Cris de Caldas) trae unha proposta para adultos heteroxénea e composta por elementos da narración oral, do teatro e da música en directo; un espectáculo que lles rende homenaxe ás persoas migrantes, ás de antes e ás de agora.

Cambados, Auditorio Municipal: 22 de decembro, ás 20.30 h
A Estrada, Recreo Cultural: 23 de decembro ás 21.00 h
Vigo, Centro Veciñal e Cultural Valadares: 30 de decembro ás 19.00 h


Os Piñeiriños. Xa é Nadal

Os divertidos irmáns Fuco e Xela, máis coñecidos como os Piñeiriños, presentan estas festas un espectáculo lúdico e interactivo cheo de contos e de música para nenos e nenas de ata 10 anos.

Vigo, Museo do Mar de Galicia: 10 de decembro ás 17:30 h
Lalín, Casa do Patrón: 17 de decembro ás 17.30 h
A Estrada, rúa Calvo: 23 de decembro ás 18:00 h
Barro, Pazo da Crega: 24 de decembro ás 12.00 h
Santiso, Escola de Música Eugenio Pazos Reyes: 26 de decembro ás 12:00 h
Mondariz-Balneario, Sala de Cultura: 26 de decembro, ás 18.30h h
Vilanova de Arousa, igrexa da Patoriza: 30 de decembro ás 18:00 h


Contos e cantos de Nadal

O trío formado por Uxía (voz e percusión), Sèrgio Tanus (guitarra, viola caipira, cavaquiño e percusión de man) e Santiago Cribeiro (acordeón) celebrará 8 concertos para público familiar con repertorio propio do Nadal. Con eles darán a coñecer panxoliñas tradicionais e outras de nova creación que os participantes poderán recordar e aprender para cantar despois na casa.

Contos e cantos de Nadal fará parada este inverno en Poio, Cerdedo-Cotobade, Ribeira, Outes, Oímbra, Xinzo de Limia, Covelo e Soutomaior.

 

NADAL EN REDE

A Federación de Mujeres Progresistas presenta o estudo "Mujeres jóvenes, salud mental y prevención del suicidio"

O xénero si importa en saúde: en xeral as mozas presentan peores indicadores en materia de saúde e de saúde mental que os seus pares homes.

Actualmente o suicidio é a primeira causa de morte en mozas e adolescentes, entre 12 e 29 anos en España, e o seu número vai en aumento (UCM, 2023).

Se queres que alguén te escoite, lembra: Podes chamar ao 024 (liña de atención a condutas suicidas).

O obxectivo deste documento é realizar unha pequena fotografía do estado de saúde mental das mulleres novas e detectar necesidades e demandas tanto delas mesmas como dos e das profesionais que están en contacto con esta poboación.

"Mujeres jóvenes, salud mental y prevención del suicidio"