Premio de Poesía "Ciega de Manzanares"

14 Mai 2024

O Concello de Manzanares coa colaboración do Grupo Literario AZUER convoca o XXIII Premio Nacional de Poesía "Ciega de Manzanares".

As obras serán orixinais, inéditas e non premiadas con anterioridade. Estarán escritas en lingua castelá e o seu tema e forma serán libres. A súa extensión será de entre 600 e 1.000 versos. Cada autor poderá presentar unha única obra.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo postal ao enderezo XXIII Premio Nacional de poesía "Ciega de Manzanares" Concejalía de Cultura del Excmo. Ayuntamiento de Manzanares, Plaza de la Constitución, 4 13200 Manzanares (Ciudad Real).

Requisitos
Poderán presentarse as persoas de entre 18 e 45 anos con nacionalidade española ou con residencia en España sempre que non teñan sido galardonados anteriormente con este premio.

Dotación
Premio único: 3.000 € e publicación

O prazo de presentación das obras estará aberto ata o 14 de xuño de 2024.

Máis información
https://www.manzanares.es
926 61 47 08