1º Certame Literario Internacional de Relato Curto David Beriain 2022

26 Dec 2022

A empresa de aloxamento universitario UNIBOOKING convoca ao 1º Certame Literario Internacional de Relato Curto David Beriain 2022. Un concurso que nace cunha vocación de periodicidade anual e está aberto a todos aqueles estudantes que estean matriculados na universidade ou centro de ensinos artísticos superiores, sen importar a súa nacionalidade.

O obxecto do concurso é fomentar a creatividade literaria e a cultura entre os mozos universitarios e promover os valores que representa a figura de David Beriain, como son a tenacidade, a humildade e a valentía.

Bases
Prazo de admisión: Ata o 30 de xaneiro ás 23h59
Poden participar: persoas de 18 a 25 anos cursando estudos superiores
Temática: Os Tempos Cambian
Extensión: 2 a 6 páxinas
Formato: PDF (non se aceptarán outros formatos)
Estilo: mecanografado, a dobre espazo, en tamaño de folio Din A4, con marxes xustificadas de 2 cms. a dereita e esquerda e tipo de fonte exclusivamente Times New Roman, Arial ou Garamond en tamaño de fonte 12.
Só se aceptarán os relatos entregados a través do formulario oficial.
Premio: 750€

Requisitos
Poderá participar calquera estudante universitario que estea matriculado nunha universidade, sen importar a súa nacionalidade, salvo os gañadores de edicións anteriores. As obras que se presenten deberán ser inéditas, orixinais e non premiadas noutros certames literarios.

Dotación
1º Premio que recibirá como premio a cantidade de 750€ en metálico.
2º e 3º premio, cuxos relatos, xunto co do gañador, serán publicados nun fanzine que se presentará en rolda de prensa. Realizarase unha tirada do fanzine de 2.000 unidades que se poñerán á venda por 5€. Os beneficios destinaranse á ONG Reporteiros sen Fronteiras.


Bases da convocatoria | Formulario de inscrición | hello@unibooking.es